Asubiador
Asubiador | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Anas penelope' Linnaeus, 1758 |
O asubiador (Anas penelope) é unha ave da orde dos anseriformes e da familia dos anátidos.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os asubiadores miden entre 41 e 51 cm, teñen unha envergadura de ás de 75 a 86 e pesan de 500 a 900 gramos. A plumaxe reprodutora dos machos é agrisada, coa área da barriga branca ou crema. As ás amosan unha banda branca. A cabeza é moi característica, marrón, cunha mancha branca na testa que lles chega ata a base do bico, que é gris coa punta negra. As femias teñen unha coloración discreta, de tons acastañados. A cor das patas en ambos os sexos vai do castaño escuro ata tons case negros.
Están activos de día, no crepúsculo e pola noite. A estrutura dos seus ollos, cunha capa posterior que reflicte a luz, permítelles ver sorprendentemente ben pola noite. Son aves sociais, que se moven sempre en grupos grandes.
Distribución
[editar | editar a fonte]Os asubiadores crían no norte de Europa, norte de Asia e parcialmente no norte de Norteamérica. Viven en lagos e estanques con vexetación abundante e, ocasionalmente, vense tamén en ríos de curso lento. A comezos do inverno emigran cara ó sur, para pasa-lo inverno no centro e sur de Europa, onde se poden ver tamén en terras de cultivo, o que causa en ocasións problemas cos agricultores.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Son aves vexetarianas estritas, que se alimentan tanto de plantas acuáticas coma terrestres. Precisan comer entre 300 e 400 g de vexetais ó día, polo que dedican ata 15 horas diarias a buscar alimento.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Os asubiadores maduran sexualmente cando teñen uns dous anos. As parellas fórmanse, en xeral, pouco despois de acaba-lo inverno. A reprodución ten lugar entre maio e xullo. Fan os niños no chan, agachados entre a vexetación da beira da auga, e cóbrenos cunha capa de penuxe. As femias poñen de 4 a 9 ovos, duns 50 mm de lonxitude, que precisan uns 24 días de incubación. Os polos son capaces de voaren cando teñen uns 45 días.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Abril de 2005
-
Novembro de 2005 en Yokohama, Xapón
-
Maio de 2003
-
Museum specimen
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Anas penelope". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Asubiador |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Asubiador |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chuck Hagner: Guide to ducks and geese. Stackpole, Mechanicsburg 2006. ISBN 0-8117-3344-0
- P. W. Mayhew: The feeding ecology and behaviour of wigeon (Anas penelope). Glasgow 1985.
- Hendrik Brunckhorst: Ökologie und Energetik der Pfeifente (Anas penelope L. 1758) im schleswig-holsteinischen Wattenmeer. Kovac, Hamburg 1996. ISBN 3-86064-454-8
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Videos Sobre o asubiador en Internet Bird Collection
- [https://web.archive.org/web/20070312064815/http://www.iucnredlist.org/search/details.php/47182/all Arquivado 12 de marzo de 2007 en Wayback Machine. O asubiador na "Lista vermella de especies ameazadas" da IUCN]