Saltar ao contido

Anastasio Somoza Debayle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnastasio Somoza Debayle

(1968) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1925 Editar o valor en Wikidata
León, Nicaragua (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de setembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Asunción, Paraguai Editar o valor en Wikidata
Causa da morteasasinato premeditado, RPG-2 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCaballero Rivero Woodlawn Park North Cemetery and Mausoleum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente de Nicaragua
1 de decembro de 1974 – 17 de xullo de 1979
← Junta Nacional de Governo (pt) TraducirFrancisco Urcuyo (en) Traducir →
Presidente de Nicaragua
1 de maio de 1967 – 1 de maio de 1972 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónAcademia Militar dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoNationalist Liberal Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarGuarda Nacional (Nicarágua) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoRevolución Sandinista Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaFamília Somoza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHope Portocarrero Editar o valor en Wikidata
ParellaDinorah Sampson Editar o valor en Wikidata
FillosAnastasio Somoza Portocarrero
 () Hope Portocarrero Editar o valor en Wikidata
PaisAnastasio Somoza García Editar o valor en Wikidata  e Salvadora Debayle Editar o valor en Wikidata
IrmánsLuis Somoza Debayle
José R. Somoza
Lillian Somoza Debayle Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLista de Ditadores de SourceWatch Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1645102 Find a Grave: 6139606 Editar o valor en Wikidata

Anastasio Somoza Debayle, nado en León (Nicaragua) o 5 de decembro de 1925 e finado en (Asunción) Paraguai, o 17 de setembro de 1980, foi un político e militar nicaraguano, presidente do seu país entre 1967 e 1972, e entre 1974 e 1979. Como xefe da Garda Nacional, mantivo o poder efectivo durante o período intermedio. Foi o último membro da familia Somoza que exerceu o poder, tras o seu pai e o seu irmán, unha dinastía de ditadores que comezou en 1934.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Anastasio Somoza Debayle foi o terceiro fillo de Anastasio Somoza García (chamado "Tacho"), que se converteu en Presidente de Nicaragua en 1936, e de Salvadora Debayle de Somoza. Sendo o máis xove dos Somoza foi educado en Florida e Long Island antes de graduarse na Academia Militar de West Point en 1946. Ao ano seguinte, foi nomeado polo seu pai xefe da Garda Nacional, que era o ente represivo e de sostén do réxime somocista. En decembro de 1950 casa por conveniencia coa súa prima Hope Portocarrero Debayle, con quen tivo cinco fillos: Anastasio, Carolina, Roberto, Carla e Julio.

Tras o asasinato do seu pai en 1956, o maior dos Somoza, Luis Somoza Debayle, accedeu á presidencia. En 1967, pouco despois da morte do seu irmán, Anastasio Somoza foi elixido presidente por primeira vez. Tivo que deixar o cargo en 1972 a causa dunha lei que impedía a reelección inmediata.

O 23 de decembro daquel mesmo ano, un terremoto devastou a capital da nación, Managua, deixando máis de dez mil mortos e practicamente destruíndo o centro da cidade. Declarouse a lei marcial, convertendo a Somoza, en tanto que xefe da Garda Nacional, no dirixente de facto do país. Posteriormente descubriuse que a familia Somoza lucrárase coa maior parte da axuda internacional ofrecida tras o terremoto.

A pesar de todo, Somoza foi elixido presidente nas eleccións de 1974, o seu interese en seguir manténdose no poder e a represión á poboación provocou a perda do apoio dos sectores antes aliados, como a oligarquía, Estados Unidos e a Igrexa católica. A finais dos setenta, grupos defensores dos dereitos humanos denunciaban as violacións destes, cometidas polo seu goberno. De setembro do 1978 ata o 17 de xullo de 1979, el e o seu fillo Anastasio Somoza Portocarrero provocaron unha guerra civil, ordenando o asasinato de civís e o bombardeo con artillaría e avións das cidades principais de Nicaragua que caeran en mans do levantamento popular dirixido polas forzas sandinistas. Baixo o liderado de pai e fillo, a Garda Nacional asasinou a 50.000 cidadáns nicaraguanos.

Fin do réxime de Somoza

[editar | editar a fonte]

A madrugada do 17 de xullo de 1979 fuxiron a Miami poñendo fin ao réxime somocista. Pouco tempo despois Anastasio Somoza Debayle conseguiu refuxio en Paraguai grazas ao ditador dese país Alfredo Stroessner. Foi asasinado o 17 de setembro do ano seguinte en Asunción por forzas do Exército Revolucionario do Pobo[Cómpre referencia]. Divorciárase da súa primeira esposa e vivía coa súa amante de moitos anos: Dinorah Sampson.

Presidente de Nicaragua

Segue a:
Lorenzo Guerrero Gutiérrez
Anastasio Somoza Debayle
Precede a:
Triunvirato de Goberno
Partido Liberal Nacionalista