Saltar ao contido

Anchiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa de Leonardo da Vinci.

Anchiano é unha vila italiana da comuna de Vinci, próxima a Florencia.

Segundo algúns historiadores Leonardo da Vinci naceu no casarío de Anchiano, para outros foi na vila de Vinci. A casa onde naceu Leonardo da Vinci sitúase entre Anchiano e Faltognano, a 3 quilómetros de Vinci.

Anchiano é un aldea pequena do Montalbano na Toscana. Desde 1932 o Montalbano pertence á zona vinícola do Chianti Montalbano. É unha área rural con poucas casas. As paisaxes de Anchiano permanecen iguais a como eran en tempos de Leonardo: debido á falta de urbanización nesta área non houbo cambios ao longo dos séculos.

A economía da vila baséase no cultivo de viñedos e oliveiras, que dominan a paisaxe.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]