Ancient Aliens
Ancient Aliens é unha serie televisiva estadounidense que foi estreada o 20 de abril de 2010, na canle History.[1] Producida por Prometheus Entertainment nun estilo de documental, o programa presenta hipóteses de astronautas antigos e propón que textos históricos, a arqueoloxía e as lendas conteñen probas de contacto extraterrestre cos humanos da antigüidade.[2][3] O programa foi amplamente criticado por historiadores, cosmólogos e outros círculos científicos por presentar e promover a pseudociencia e a pseudohistoria.
A serie comezou cun especial de televisión homónimo que se estreou o 8 de marzo de 2009, na canle History. As tempadas 1–3 emitíronse na mesma canle até o ano 2011. Dende a tempada 4 até a metade da tempada 7, a serie emitiuse a través de H2. O 10 de abril de 2015, os episodios volvéronse emitir en History.
A tempada 13 estreouse o 27 de abril de 2018 cun especial de dúas horas.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ancient Aliens Episode Guide". History.com. 25 de decembro de 2010.
- ↑ "Ancient Aliens Theory". History.com. 25 de decembro de 2010.
- ↑ "Evidence of Ancient Aliens?". History.com. 25 de decembro de 2010.
- ↑ Cheetle, Julian (30 de marzo de 2018). "Ancient Aliens Season 13: What date will show return in 2018?". Monstersandcritics.com. Consultado o 28 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ancient Aliens na IMDb (en inglés).