Andaman do Medio
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | India | ||||
Territorios da Unión | Andaman e Nicobar | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 54.385 (35,71 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.523 km² | ||||
Medición | 28 () × 70 () km | ||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Altitude | 512 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Andaman do Medio[1] é a illa central de Gran Andaman, cunha superficie total de 1.536 km². Pertence ao distrito administrativo de Andaman do Medio e do Norte, forma parte do Territorio da Unión de Andaman e Nicobar na India .[2]
A súa costa foi alagada polo tsunami resultantes do Terremoto do Océano Índico 2004, aínda que o efecto foi moito menos grave en comparación con outras illas de Andaman e Nicobar.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa pertence á Cadea de Gran Andaman e localízase a 73 km. ao norte de Port Blair. É a illa central das illas Andaman na India, cunha superficie total de 1.536 km². Andaman do Medio sepárase da illa de Andaman do Norte polo estreito de Austen, e da illa de Baratang no sur polo estreito de Homfray, ambas canles profundas e estreitas, dalgúns centos de metros de ancho. E da illa Interview no seu oeste polo paso navegable de Interview.[3]
Administración
[editar | editar a fonte]Politicamente, Andaman do Medio, é parte dos tehsils de Mayabunder e Rangat.[4] [5][6]
Demografía
[editar | editar a fonte]A poboación de Andaman do Medio consta de colonos bengalís, támiles e keralitas. A illa é tamén o fogar de moitos indíxenas Jarawa. A principal ocupación dos habitantes é a agricultura.
As cidades principais de Andaman do Medio (poboación metropolitana entre parénteses) son Rangat (10.000), Mayabunder (5.565), Bakultala (4.454), Nimbutala (3.063), e Kadamtala (3.008).
Segundo o censo da India de 2011, a illa ten x fogares. A taxa de alfabetización efectiva (é dicir, a taxa de alfabetización excluíndo os nenos menores de 6 anos) é do 76%.[7]
Total | Homes | Mulleres | |
---|---|---|---|
Poboación | 55632 | 28767 | 26865 |
Nenos menores de 6 anos | 2065 | 1039 | 1026 |
Castas rexistradas | 0 | 0 | 0 |
Tribos rexistradas | 3 | 3 | 3 |
alfabetizados | 42294 | 22946 | 19348 |
Traballadores (todos) | 2 | 2 | 0 |
Traballadores principais (total) | 2 | 2 | 0 |
Turismo
[editar | editar a fonte]A illa alberga inmaculadas fervenzas e bonitas praias. Ofrece diversión aventureira como campamentos na illa, sendeirismo, mergullo e outros deportes acuáticos.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de andamanés, -esa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Village Code Directory: Andaman & Nicobar Islands" (PDF). Census of India. Consultado o 2011-01-16.
- ↑ Edgar Thorpe, Showick Thorpe (2011) The Pearson CSAT Manual 2011. Accessed on 2012-07-26
- ↑ "DEMOGRAPHIC – A&N ISLANDS" (PDF). andssw1.and.nic.in. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de agosto de 2017. Consultado o 2016-09-23.
- ↑ "nort part map". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ "south part map". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ 7,0 7,1 "District Census Handbook - Andaman & Nicobar Islands" (PDF). 2011 Census of India. Directorate of Census Operations, Andaman & Nicobar Islands. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de agosto de 2015. Consultado o 2015-07-21.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2013. Consultado o 20 de maio de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andaman do Medio |
A Galipedia ten un portal sobre: India |