Ander Murillo
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Ander Murillo García 26 de xullo de 1983 (41 anos) Donostia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,84 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 76 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2001 - 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 18 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Luciano Murillo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Eliseo Murillo, tío |
Ander Murillo García, nado en Donostia o 22 de xullo de 1983, é un futbolista vasco. Xoga de defensa e o seu equipo en 2010 é o Celta de Vigo da Segunda División de España.
É fillo de Luciano Murillo e sobriño de Eliseo Murillo, xogadores profesionais de fútbol da década de 1970, que xogaron na Real Sociedad.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na canteira do Antiguoko club, desde onde pasou ao Athletic. xogou nas súas categorías inferiores ata 2001, ano no que pasa a formar parte do primeiro equipo.
Debutou en Primeira división o 24 de novembro de 2001 aos 18 anos de idade, no partido FC Barcelona 1:2 Athletic Club. Na súa primeira tempada xogou 11 partidos de liga. No Athletic xogou 7 tempadas consecutivas en primeira división, varias delas de titular, incluíndo partidos da Copa da UEFA (2004/05) e dúas semifinais da Copa do Rei (2002 e 2005). Coa chegada do adestrador Joaquín Caparrós ao equipo en 2007, a defensa do club bilbaíno fortaleceuse e a competencia fíxose maior, a irrupción de xogadores como Aitor Ocio ou Fernando Amorebieta desbancaron a Murillo, que perdeu peso no equipo e pasou a un segundo plano, ata desapareceu das convocatorias. As tempadas 2007/08 e 2008/09 foron a confirmación de que Murillo xa non contaba para o club branquivermello, por iso para a tempada 2009/10 foi cedido á Unión Deportiva Salamanca de Segunda división (equipo no que o seu pai terminou a súa carreira como xogador), para que puidese ter algúns minutos e non quedase estancado. Na UD Salamanca realizou unha boa actuación, sendo titular indiscutible e chegando a xogar 37 partidos de liga. Isto non cambiou as cousas no seu regreso a Bilbao, xa que antes de comezar a pretemporada 2010/11 comunicóuselle ao xogador que non se contaba con el e que se buscase equipo. En agosto de 2010 Ander Murillo pechou a súa fichaxe co Celta de Vigo, o cal será o seu equipo para as próximas tempadas.[1]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Nunca foi internacional coa selección absoluta, aínda que si coa sub-17, sub-19, sub-20 e sub-21.
Clubs
[editar | editar a fonte]Xuvenil
[editar | editar a fonte]Club | País | Ano |
---|---|---|
Antiguoko | España | 1998-1999 |
Athletic Club | España | 1999-2001 |
Profesional
[editar | editar a fonte]Club | País | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Bilbao Athletic | España | 2001-2002 | 14 | 0 |
Athletic Club | España | 2002-2009 | 132 | 1 |
UD Salamanca | España | 2009-2010 | 37 | 0 |
Celta de Vigo | España | 2010- | - | - |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Copas internacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | Ano |
---|---|---|
Eurocopa Sub19 | Selección española sub-19 | 2002 |
(*) Incluíndo a Selección
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo, ed. (19 de agosto de 2010). "Ander Murillo ficha polo Celta". Consultado o 19 de agosto de 2010.