Andoio, Tordoia
Andoio | |
---|---|
Igrexa de San Mamede de Andoio. | |
Concello | Tordoia[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°08′04″N 8°34′49″O / 43.13435556, -8.58041111 |
Área | 12,18 km² |
Poboación | 251 hab. (2022) |
Densidade | 20,61 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Mamede de Andoio[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2022 tiña 251 habitantes (121 mulleres e 130 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 424 habitantes[2].
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O topónimo Andoio é únicum, de orixe e significado escuros. Podería estar emparentado con Bormoio (Coristanco), Leiloio (Malpica de Bergantiños) ou Baldaio (lugar da devandita parroquia), contendo todos o sufixo -io.
O rexistro documental máis antigo en que se menciona a esta parroquia que se coñece, no Tombo A da Catedral de Santiago, é de 924, e cítase como "in Montanos villas Andogio cum ecclesia Sancti Mametis... (en Montaos, as vilas Andoio, coa igrexa de San Mamede). Nun texto de 1272 do Mosteiro de San Martiño Pinario, aparece como sancto Mamete de Andoyo, xa coa forma actual, mais coa grafía medieval.
A advocación desta parroquia é San Mamede, santo protector dos pastores e do gando nas montañas, que lle dá nome ao lugar de Samede. A orixe do nome está conectada aos cognomes romanos Mameus, Mammeanus e Mammatus, todos relacionados co latín mamma, 'peito, mamila', igual que a palabra mámoa.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Escudo na fachada da igrexa de Andoio.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Andoio
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Andoio no concello de Tordoia (A Coruña) | |
---|---|
Altiboa | Ambroa | Baldaio | Bouzarán | O Casal | O Castiñeiro | A Folgueira | Fornelos | O Lestido | Os Pazos | O Rego | Samede |
Parroquias de Tordoia
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.gal. Consultado o 2023-06-26.
- ↑ Martínez, Lidia Gómez; Méndez, Luz. "Toponimia de Tordoia". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-07.