Mamede de Capadocia
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 259 (Gregoriano) ![]() Kayseri, Turquía ![]() |
Morte | 275 (Gregoriano) ![]() Kayseri, Turquía ![]() |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 2 de setembro ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Mamede de Capadocia ou Mamede de Cesarea,[1] nado en Cesarea de Capadocia (Imperio Romano) no 259 e finado na Capadocia en 275, foi un mártir cristián, coñecido como San Mamede. A Igrexa Católica celebra o seu día o 17 de agosto.
En Galicia venérase baixo os nomes de San Mamede, San Amedio e San Nomedio.[2]
Lenda
[editar | editar a fonte]Fillo de Teodoto e Rufina, dous plebeos cristiáns encarcerados e martirizados cando neno. Naceu en prisión e foi adoptado por unha viúva patricia que ao seu pasamento deixoulle a súa herdanza cando só tiña 15 anos. Mamede utilizou a súa fortuna para favorecer os marxinados e non ocultou a súa condición de cristián. Isto fíxoo vítima dunha dura represión por parte do Gobernador de Cesarea de Capadocia.
Tras sufrir cadea e torturas, fuxiu ao monte onde conviviu entre as feras, tendo a facultade de amansalas. Localizado e detido, foi sometido á morte no circo ceibándolle varios leóns, pero estes respectárono e amosáronlle docilidade. En consecuencia, foi atravesado polo tridente dun gladiador ata falecer desangrado.
Significación
[editar | editar a fonte]Son moitas as parroquias e accidentes xeográficos en Galicia adicadas á súa advocación. A implantación do cristianismo en comunidades rurais da Gallaecia supuxo a substitución de tradicións galaicas prerromanas referidas a deidades masculinas adolescentes da natureza pola figura deste santo mozo.
En Bilbao, existiu existiu o maior orfanato de Europa baixo o seu padroado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mamede de Capadocia ![]() |