André Bazin
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1918 Angers (Francia) |
Morte | 11 de novembro de 1958 (40 anos) Nogent-sur-Marne (Francia) |
Causa da morte | leucemia |
Lugar de sepultura | Cemetery of Nogent-sur-Marne (en) |
Educación | École normale supérieure de Saint-Cloud (en) |
Actividade | |
Ocupación | teórico do cinema, escritor, xornalista, crítico de cinema, director de cinema |
Período de actividade | 1943 - 1958 |
Empregador | Cahiers du cinéma |
Familia | |
Cónxuxe | Janine Bazin (1949–1958), morte do cónxuxe |
André Bazin ([bazɛ̃]), nado en Angers o 18 de abril de 1918 e finado en Nogent-sur-Marne o 11 de novembro de 1958 foi un influente crítico e teórico do cinema francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en 1918 en Angers.
Bazin comezou a escribir sobre cinema en 1943 e foi cofundador da revista Cahiers du cinéma en 1951, con Jacques Doniol-Valcroze e Joseph-Marie Lo Duca. Foi editor Cahiers ata a súa morte e unha colección dos seus escritos foi publicada postumamente co título de Qu'est-ce que le cinéma? (Que é o cinema?).
Faleceu en 1958, aos corenta anos, vítima da leucemia.[1]
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- La politique des auteurs, editado por André Bazin. Entrevistas con Robert Bresson, Jean Renoir, Luis Buñuel, Howard Hawks, Alfred Hitchcock, Fritz Lang, Orson Welles, Michelangelo Antonioni, Carl Theodor Dreyer e Roberto Rossellini
- Qu'est-ce que le cinéma?, por André Bazin, publicado orixinalmente en 1958-1962. Nova edición: Les Éditions du Cerf, 2003.
- Oeuvres complètes d'André Bazin, éditions Cahiers du Cinéma, 2014
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Andre Bazin dies". Focus Features. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The André Bazin Special Issue, Film International, No. 30 (novembro de 2007), Jeffrey Crouse, editor invitado. Inclúense artigos de Charles Warren ("What is Criticism?"), Richard Armstrong ("The Best Years of Our Lives: Planes of Innocence and Experience"), William Rothman ("Bazin as a Cavellian Realist"), Mats Rohdin ("Cinema as an Art of Potential Metaphors: The Rehabilitation of Metaphor in André Bazin's Realist Film Theory"), Karla Oeler ("André Bazin and the Preservation of Loss"), Tom Paulus ("The View across the Courtyard: Bazin and the Evolution of Depth Style") e Diane Stevenson ("Godard and Bazin"). Introdución: "Because We Need Him Now: Re-enchanting Film Studies Through Bazin," por Jeffrey Crouse.