Saltar ao contido

Andrés Colombo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrés Colombo
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1911 Editar o valor en Wikidata
Pontecesures, España Editar o valor en Wikidata
Morte1991 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, debuxante Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLuciano García García-Lozano Editar o valor en Wikidata
IrmánsLuciano García de la Riva Editar o valor en Wikidata

BUSC: colombo-andres-1911-1991 Nomes e Voces: 9271

Andrés García de la Riva Colombo, coñecido como Andrés Colombo, nado en Pontecesures o 23 de xuño de 1911 e finado en Valencia en 1991, foi un pintor e debuxante galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Luciano García García-Lozano. Foi militante de Izquierda Comunista e secretario do Sindicato de Oficios Varios de Padrón (UGT) durante a Segunda República e pasou algúns meses na cadea a resultas da súa intervención nas accións solidarias coa frustrada folga xeral revolucionaria de 1934. Marcha a Madrid en novembro de 1934 e regresa a Galicia en febreiro de 1936. Colaborou cos seus deseños en El Pueblo Gallego, Proa e na revista madrileña Nosotros. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 marcha a Vigo coa idea de saír do país. Ao non conseguilo estivo refuxiado en Baños de Molgas atá que decidiu instalarse en Zaragoza, onde conseguiu documentación falsa grazas á axuda do falanxista padronés Ubaldo Pazos. Logrou pasar á zona leal en Aragón o 1 de novembro de 1937 e chegar a Valencia. Loitou no bando republicano integrado nas Milicias do POUM e ao seu remate pasou a Francia, onde estivo internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Abandonou o debuxo e a pintura e colaborou nas actividades antifranquistas como enviado da IV Internacional ata que foi detido en Xirona en 1947. En 1965 retornou a España e instalouse en València, onde retomou a pintura. A súa obra inscríbese na corrente surrealista. Os seus debuxos inciden na busca do volume. A súa obra está no Museo de Lugo e no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]