Andrés Dourado Ces
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de decembro de 1907 Rianxo, España |
Morte | 7 de setembro de 1936 (28 anos) Xanza, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Andrés Dourado Ces, coñecido como Quinote, nado en Rianxo o 5 de decembro de 1907 e finado cerca de Xanza (Valga) o 7 de setembro de 1936, foi un taberneiro galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Detido talvez por desavinzas persoais, rancores ou por estar mal visto, pois non ocultaba a súa postura de esquerdas, foi prendido tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 polos falanxistas e a Garda Civil e torturado no cárcere de Rianxo. Sacárono a noite do 7 de setembro de 1936 eivado, apareceu asasinado ó amencer cerca de Xanza, Valga, á beira da estrada. Soterrado sen identificar no cemiterio de Carracedo, Caldas de Reis.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Solteiro, fillo de Joaquín Dourado Patiño, mariñeiro, e de Antonia Ces, coñecida como A Crecha, seus pais tiveron unha descendencia numerosa. Rexentaban unha taberna estanco en Rianxo, onde daban comidas. Estivo nas Américas e regresou a Rianxo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Os paseados en Rianxo (1936-1939). CRMH Barbanza. Concello de Rianxo. 2022. Consultado o 01-11-2024.