Andrés Martínez Riveira
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1982 ![]() Ortigueira, España ![]() |
Educación | Universidade da Coruña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
Andrés Carlos Martínez Riveira, nado en Ortigueira o 26 de novembro de 1982, é un escritor galego, coñecido como Andrés C. M. Riveira.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende moi novo viviu na vila de Cariño, onde estudou no IES Cabo Ortegal. Tras mudarse á súa actual localización de Narón cursou o ensino medio no IES Fernando Esquío de Neda, e licenciouse en humanidades na Universidade da Coruña; tamén cursou dereito na UNED.
Escribiu regularmente na revista universitaria Morituri e nas "Páginas literarias" de La Voz de Galicia[1] e actualmente colabora mensualmente no programa Club de lectura de Radio Fene[2] comentando libros de actualidade literaria galega. En 2007 comezou a destacarse como unha voz emerxente da literatura galega co libro de relatos Parecía tan normal..., onde mestura estilos e estéticas, e verte temáticas clásicas en modernas. En 2017 publica o relato Esperando a Godot. En 2014 autoeditou o poemario Soledad alarmada[3]. A máis recente obra, en galego, compóñena os relato As bágoas que non caen non significan nada (2018) e A porta verde do sétimo andar (2019), ademais do poemario Memoria das cousas perdidas (2020), en proceso de publicación. Obtivo varios premios literarios[4][5][6].
Obra
[editar | editar a fonte]- Parecía tan normal... (2007). Edición Asociación De Re Hermenéutica.
- Soledad alarmada (2014). Autoedición KDP / Amazon.
- Memorias das cousas perdidas (2020). Urutau Editora (no prelo).
Premios
[editar | editar a fonte]- Concurso de Relatos do Curso de Narrativa Torrente Ballester de Ferrol con Sir Henry y la dama (2004).
- Concurso de Relatos do Curso de Narrativa Torrente Ballester de Ferrol con Soliloquio de la Rutina (2008).
- Certame de Relato Curto do Concello de Mugardos con Don Xosé, buscador de hápax (2014).
- Finalista do Certame de Relatos Curtos de Ultramar con Esperando a Godot (2017).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Riveira, Andrés C. M. (2013-03-22). "Boli Morado: El secreto de Elsa". Boli Morado. Consultado o 2020-04-06.
- ↑ "Senlleiras". Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas. 2019-05-30. Consultado o 2020-04-06.
- ↑ Autoedición KDP / Amazon
- ↑ http://www.concellodemugardos.gal/es/noticias/2014/05/17/xii-certamen-relato-corto-gallego-ayuntamiento-mugardos. Falta o
|title=
(Axuda)[Ligazón morta] - ↑ culturagalega.org (2005-02-22). "Torrente e Fole". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2020-04-06.
- ↑ P, Redacción. "Presentación del libro-antología del III Certamen de relatos «Contos de Ultramar»". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2020-04-06.