Andrés Mellado Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1846 Málaga, España |
Morte | 30 de agosto de 1913 (66/67 anos) Biarritz, Francia |
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes | |
1903 – 1905 ← Juan de la Cierva Peñafiel – Vicente Santamaría de Paredes (en) → | |
Gobernador Banco de España | |
1902 – 1902 ← Pío Gullón Iglesias – Antonio García Alix → | |
Alcalde de Madrid | |
1889 – 1890 ← José Abascal y Carredano – Cayetano Sánchez Bustillo → | |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Mellado (Andrés), p.271) |
Andrés Mellado Fernández, nado en Málaga en 1846 e finado en Biarritz (Francia) o 30 de agosto de 1913, foi un avogado, xornalista e político español, ministro de Instrución Pública e Belas Artes durante o reinado de Afonso XIII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro do Partido Liberal-Conservador, iniciou a súa carreira política en 1881 como deputado en representación de Porto Rico, repetindo o nomeamento do escano en 1884. Desde a seguinte lexislatura e até 1899 foi deputado pola provincia de Málaga, e en 1898 foi nomeado senador por Cuba.
En 1889 foi alcalde de Madrid,[1] e foi gobernador do Banco de España entre xuño e decembro de 1902. Durante o goberno presidido por Eugenio Montero Ríos, entre o 23 de xuño de 1903 e o 31 de outubro de 1905, foi nomeado ministro de Instrución Pública.
Como xornalista, dirixiu o periódico El Imparcial. Foi amais membro da Real Academia Española coa cadeira K dende o 5 de maio de 1912.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na igrexa de Santo Ildefonso de Madrid coa luguesa Jesusa de La Portilla Cobián, irmá do gobernador militar de Lugo Leoncio de La Portilla. Non tiveron descendencia.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambronero, Carlos (1900). Rafael Álvarez Sereix, ed. "Cosas de antaño. El ayuntamiento de Madrid". Revista Contemporánea (117): 386–411. ISSN 0213-8654.
- ↑ Milagros Bará (8 de agosto de 2021). "Andrés Mellado, pasión por Pontevedra y Galicia". Diario de Pontevedra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrés Mellado Fernández |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). Gobiernos y ministros españoles en la edad contemporánea (2ª ed.). Madrid: CSIC. ISBN 978-84-00-08737-1.