Saltar ao contido

Andrés Sorel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrés Sorel
Biografía
Nacemento(es) Andrés Martínez Sánchez Editar o valor en Wikidata
1937 Editar o valor en Wikidata
Segovia, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xaneiro de 2019 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, novelista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRadio España Independiente (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAntonio Martínez Menchén Editar o valor en Wikidata

Sitio webandressorel.com… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1056007

Andrés Sorel, nado en Segovia en 1937 e finado en Madrid o 7 de xaneiro de [[2019], foi un escritor castelán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De pai castelán e nai andaluza, naceu durante a guerra civil. É irmán do tamén escritor xienense Antonio Martínez Menchén.

Estudou Maxisterio e Filosofía e Letras. Foi membro do Partido Comunista, que abandonou en 1963 por diferenzas ideolóxicas e políticas. Foi correspondente de Radio España Independente entre 1962 e 1971 e dirixiu en París a publicación Información Española, destinada á emigración española en Europa. O apelido Sorel tomouno do Julien Sorel, protagonista da novela Vermello e Negro de Stendhal.

Durante a ditadura franquista o ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne, prohibiu a publicación das súas obras.

Tras a Revolución cubana viaxou en numerosas ocasións á illa, onde entrevistou a Fidel Castro e ao Che Guevara. Mantén o seu apoio ao goberno cubano mesmo tras a súa saída do Partido Comunista.

Á morte de Franco regresou a España e colaborou en diversos xornais e publicacións de esquerda, entre os cales destaca a fundación en 1984 do xornal Liberación, presentado como o primeiro diario español de esquerdas radical.

Foi secretario xeral da Asociación Colexial de Escritores de España e director da revista República de las Letras.

Publicou máis de 50 libros e impartido máis de 1.000 conferencias en diversas cidades do mundo. Os seus libros foron traducidos e publicados en Estados Unidos, Cuba, Portugal, Romanía, Inglaterra e Eslovaquia.

As súas obras están escritas e publicadas en castelán.

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Outros títulos

[editar | editar a fonte]
  • Cuba, la revolución crucificada.
  • Castilla como agonía, Castilla como esperanza.
  • Miseria de nuestra cultura.
  • Vida y Obra de Ernesto Che Guevara.
  • Guía popular de Antonio Machado.
  • 4º Mundo, emigración española en Europa.
  • Búsqueda, reconstrucción e historia de la guerrilla española del siglo a través de sus historias, relatos y protagonistas.
  • La caverna del comunismo. 2007. RD Editores.
  • Iluminaciones. Antonio Gamoneda. 2009. RD Editores.
  • Ediciones críticas y ensayos sobre José Martí, Antonio Machado, Luis Cernuda, León Felipe, Gerardo de Nerval, José María Arguedas etc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. La Vanguardia, 12 de febreiro de 2016.