Andrés Suárez Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1890 ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | xuño de 1951 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Andrés Suárez Rodríguez, nado cara a 1890 e finado en Santiago de Compostela en xuño de 1951,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do comerciante compostelán Ramón Suárez Loureiro e Juana Rodríguez Raso. Republicano compostelán, asistiu a sinatura do pacto de Lestrobe. Foi elixido concelleiro nas eleccións de abril de 1931 e foi sexto tenente-alcalde.[2] En xullo de 1931 foi elixido tesoureiro do Partido Republicano Radical Socialista de Santiago de Compostela.[3] Foi cesado como concelleiro en 1934. Foi elixido secretario do grupo local de Santiago de Compostela de Unión Republicana na reunión constitutiva de febreiro de 1935,[4] e presidente en xaneiro de 1936.[5]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e procesado por masón. En 1944 incoáronlle un expediente de responsabilidades políticas.[6] En maio de 1945 foi sancionado cunha multa de 500 pesetas por escándalo e palabras hostís ao Réxime xunto con Manuel Calvo Guerra, Javier Lago Barreiro, Francisco Veiga Lago, Heliodoro Toubes Santos e Agustín Amenedo Reboredo.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Rivas Sanmartín e foi pai de Concepción (finada en 1942), Teresa, Maruja, Ramón, Andrés, Luis, Manuel e Carmen Suárez Rivas.[8]