Saltar ao contido

Andrés de Solanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrés de Solanes
Biografía
Morte20 de decembro de 1635 Editar o valor en Wikidata
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata


A Oración do Horto de Andrés de Solanes

Andrés de Solanes, finado en Vitoria en 1635, foi un escultor español do século XVII, membro da chamada Escuela Castellana e discípulo de Gregorio Fernández.

Foi un dos oficiais de confianza do mestre Gregorio Fernández, converténdose en mestre de escultura, co seu propio taller, activo entre 1626 e 1642, e con capacidade para contratar obras, aínda que sempre considerou ao escultor de Sarria como o seu mestre de referencia.

Solanes figura como membro da Confraría Penitencial da Sagrada Paixón de Cristo de Semana Santa de Valladolid para a que realizou varios traballos, entre eles participou no proxecto dun paso procesional do Santo Enterro encargado pola confraría d'A Piedade, así como a entrega en 1629 do paso d'A Oración da Horta para a confraría da Santa Vera Cruz.

Outras obras nas que interveu son a escultura do Retablo Maior do Convento de San Pablo de Valladolid e nos retablo do Convento de Aranzazu, en Vitoria, cidade na que expira no ano 1635.