Saltar ao contido

Andrea Maceiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrea Maceiras

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1987 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webandreamaceiras.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: andrea.maceiras.7 Twitter: _AndreaMaceiras Instagram: andrea.maceiras BNE: XX4756240 AELG: 485 Dialnet: 3204529 Editar o valor em Wikidata

Andrea Maceiras Lafuente, nada na Coruña o 6 de novembro de 1987, é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutora en filoloxía hispánica e licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña.

Publicou a súa primeira novela, "Proxecto Bolboreta" no ano 2007, tras gañar o I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. En 2009 gañou o premio Meiga Moira con Violeta tamurana, publicada o ano seguinte. En 2012 publica O segredo do lagarto arnal, e un ano despois sae Nubes de evolución, finalista do premio Fundación Caixa Galicia e nomeado mellor libro xuvenil dese ano nos Premios Fervenzas Literarias.

No ano 2014 publica Miña querida Sherezade, obra gañadora do premio Meiga Moira, e ese mesmo ano publica tamén Volverás, golfiño, finalista do Premio Merlín. Ao ano seguinte, en 2015, gaña o premio Jules Verne con Europa express, obra publicada ese mesmo ano e pouco tempo despois traducida ao inglés. Tamén foi recoñecida como a mellor novela xuvenil nos Premios Fervenzas Literarias.

En 2018 gañou o Premio Lazarillo á creación literaria por Conta nove estrelas, segundo o xurado: "unha obra ben urdida e entramada cunha linguaxe poética con belísimas escenas que te transportan a un mundo galáctico. Unha aposta á imaxinación desbordante e á ciencia ficción”.[1] Tamén no 2018 queda finalista do Premio Raíña Lupa con O que sei do silencio, publicada ese mesmo ano e traducida ao español en 2020.

En 2020, concedéronlle o premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación de Galicia como a autora máis lida. E ese mesmo ano, gañou o premio Merlín de literatura infantil con A folla azul, publicada en 2021. No mesmo ano, gañou o XV premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña coa obra Que me pare o corazón se te esquezo.[2][3]

En marzo de 2022 gañou o XIX Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil coa obra Alma de elefante, que viu a luz o 31 de marzo de ese mesmo ano. E un ano máis tarda, esa mesma novela recibiu o I Premio A da Sociedad Colegial de Escritores ACE e do Grupo de Investigación de Literatura infantil de la Universidade Complutense de Madrid. Tamén publicou en español e catalán Niño y Jaguar, coa Editorial Milenio.[4]

En decembro de ese mesmo ano, gañou o XLI Premio Vila d'Ibi coa novela Siempreviva, que verá a luz o vindeiro ano da man da Editorial Anaya.

Obras[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre.
  • Gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior.
  • Finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia no 2010.
  • Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2010, por Violeta Tamurana.
  • Finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011, por Nubes de evolución.
  • Terceiro premio do XIV Premio de poesía Díaz Jácome, por Auga lonxincua en 2013.
  • Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2014, por Miña querida Sherezade.
  • Gañadora do Premio Jules Verne en 2015, por Europa Express.[16]
  • Premio Fervenzas literarias ao mellor libro de literatura xuvenil en 2015, por Europa Express.
  • Premio Lazarillo 2018 á creación literaria[17][18]
  • Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación en 2020.[19]
  • Gañadora do Premio Merlín en 2020, por A folla azul.
  • 2021: XV Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña, por Que me pare o corazón se te esquezo.[2][3]
  • 2021, Premio Rosa de los Vientos do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires.[20]
  • XIX Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil en 2022, por Alma de elefante.[21][22]
  • Premio A de la Sociedad Colegial de Escritores ACE y del Grupo de Investigación de Literatura infantil de la Universidade Complutense de Madrid (ELLI) 2023, por Alma de elefante.[23]
  • Premio XLI Vila d'Ibi 2023 por El enigma de Siempreviva.[24]
  • Premio Follas Novas a mellor novela xuvenil galega en 2024 por Burbullas de calma serena.[25]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Paloma Corral, Begoña Oro y Andrea Maceiras ganan los Premios Lazarillo 2018". revistababar.com. Consultado o 03/12/2018. 
  2. 2,0 2,1 "Andrea Maceiras gaña o XV Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña". Nós Diario. 30 de xuño de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Redacción (30 de xuño de 2021). "Andrea Maceiras gaña o Raíña Lupa con «Que se me pare o corazón se te esquezo»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024. 
  4. "Niño y jaguar". edmilenio.com (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024. 
  5. "Proxecto Bolboreta". xerais.gal. Consultado o 03/12/2018. 
  6. "Violeta tamurana de Andrea Maciras". blogoteca.com. Consultado o 03/12/2018. 
  7. Nicolás, Ramón. "Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras". cadernodacritica. Consultado o 03/12/2018. 
  8. "Volverás golfiño". xerais.gal. Consultado o 03/12/2018. 
  9. "Europa Express". xerais.gal. Consultado o 03/11/2018. 
  10. "Andrea Maceiras, Europa Express". palabradegatsby.com. Consultado o 03/12/2018. 
  11. "Europe Express". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  12. "O que sei do silencio". trafegandoronseis. Consultado o 03/12/2018. 
  13. "O que sei do silencio". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 02/03/2021. Consultado o 03/12/2018. 
  14. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-07. 
  15. Nicolás, Ramón (2022-10-17). "Que me pare o corazón se te esquezo, de Andrea Maceiras". Caderno da crítica. Consultado o 2022-10-17. 
  16. Redacción (26 de agosto de 2015). "Andrea Maceiras: “Un premio como o Jules Verne é un pulo importante”". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 22 de xuño de 2024. 
  17. L., R. (4 de decembro de 2018). "La escritora gallega Andrea Maceiras gana el premio Lazarillo de creación literaria". farodevigo.es. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  18. Redacción (4 de decembro de 2018). "La coruñesa Andrea Maceiras gana el premio Lazarillo con la obra 'Rusgalía'". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024. 
  19. "Premio dos Clubs de Lectura 2020 para Andrea Maceiras". edu.xunta.gal. 
  20. Redacción (7 de decembro de 2021). "La escritora Andrea Maceiras, premio Rosa dos Ventos 2021 del Instituto Santiago Apóstol". espanaexterior.com (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024. 
  21. G., N. (12 de marzo de 2022). "Andrea Maceiras, premio Anaya de literatura infantil y juvenil por su novela «Alma de elefante»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024. 
  22. "Andrea Maceiras gana el XIX Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil con Alma de elefante". anayainfantilyjuvenil.com (en castelán). 11 de marzo de 2022. Consultado o 22 de xuño de 2024. 
  23. "Andrea Maceiras, ganadora en los Premios A con Alma de elefante". anayainfantilyjuvenil.com (en castelán). 4 de maio de 2023. Consultado o 22 de xuño de 2024. 
  24. "Andrea Maceiras gana el CONCURSO DE NARRATIVA INFANTIL VILA D’IBI 2023". deconcursos.com (en castelán). 6 de decembro de 2023. Consultado o 22 de xuño de 2024. 
  25. "Premios Follas Novas 2024". librarias.org. 1 de marzo de 2024. Consultado o 22 de xuño de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]