Andrea Santiso Arias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1998 (26/27 anos) Antas de Ulla, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | filóloga |
Obra | |
Obras destacables
| |
Andrea Santiso Arias, nada en Antas de Ulla en 1998, é unha filóloga galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o grao de Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de fin de grao.[1] O seu traballo de fin de grao, sobre a toponimia maior do concello de Antas de Ulla, recibiu o Premio á calidade lingüística en galego.[2] Cursou tamén na USC o mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas.
A través do Instituto da Lingua Galega participa no proxecto Toponomasticon Hispaniae. É membro do Instituto de Estudos Ulloáns, onde coordina xunto a Fernando García Penas a sección de Filoloxía, Literatura e Toponimia.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É filla de Xosé Luís Santiso García e de Mari Arias Rodríguez.
Obra
[editar | editar a fonte]- Toponimia de Antas de Ulla (2023; colección Terra Nomeada).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Andrea Santiso Arias". Instituto da Lingua Galega.
- ↑ "Entregados os Premios á Calidade Lingüística". Universidade de Santiago de Compostela. 17 de marzo de 2022.
- ↑ "Presentación". Instituto de Estudos Ulloáns.