Saltar ao contido

Andrei Kurkov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrei Kurkov

(2024) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Андрей Юрьевич Курков Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Budogoshch, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónKyiv National Linguistic University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, Prosa, literatura de non ficción, Literatura infantil e Guión Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Kíiv
Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, tradutor, guionista de cinema, editor colaborador, guionista, xornalista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoProsa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0475779 BNE: XX1550056 WikiTree: Курков-1 Editar o valor en Wikidata
Kurkov en Varsovia en maio de 2007.

Andrei Iurievich Kurkov (en ruso Андре́й Ю́рьевич Курко́в), nado en San Petersburgo (Rusia) o 23 de abril de 1961, é un escritor ucraíno en lingua rusa. Até o momento[cando?] publicou 13 novelas e cinco obras de literatura infantil, amais de artigos en diversas publicacións. A súa obra está enmarcada na realidade postsoviética, e inclúe elementos como o humor negro e o surrealismo. Foi traducido a 25 linguas, pero aínda non ao galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kurkov era fillo dun piloto de probas e dunha médico. Comezou a escribir con sete anos, trala morte de dúas das súas tres mascotas, cun poema sobre a soidade do hámster que quedara vivo. Tamén fixo poemas sobre Lenin, influenciado pola educación soviética vixente no seu momento.

Dado que tiña experiencia como tradutor do xaponés, ao iniciar o servizo militar foi adscrito á KGB, se ben logrou ser cambiado á policía militar, o que le permitiu máis liberdade nese período. Nesa etapa, que pasou como vixilante de prisións en Odesa, foi cando escribiu as súas obras para a rapazada.

A súa primeira novela foi publicada xusto dúas semanas antes da caída da Unión Soviética. Nesa tumultuosa situación social e política iniciouse no mundo da autoedición e distribución, pedindo cartos ás súas amizades para crear unha editorial independente. Organizou a distribución por toda Ucraína, e tamén distribuíu exemplares polas tendas das rúas comerciais.

Ao igual que outros escritores de éxito, custoulle atopar o seu primeiro contrato editorial, atopándose con que rexeitaron a súa obra máis de 500 veces, nunha época en que tiña oito novelas case finalizadas.