Saltar ao contido

Andreu Nin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndreu Nin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Andreu Nin i Pérez Editar o valor en Wikidata
4 de febreiro de 1892 Editar o valor en Wikidata
El Vendrell, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xuño de 1937 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, undetermined (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Minister of Justice and Law (en) Traducir
26 de setembro de 1936 – 12 de decembro de 1936
← Josep Quero i Molares (en) TraducirRafael Vidiella (en) Traducir →
Membro do gabinete: Q11924546 Traducir
Secretario Xeral Partido Obrero de Unificación Marxista
1936 – 1937
← Joaquín MaurínJulián Gorkin →
Secretario Xeral da CNT
1921 – 1921
← Joaquín MaurínEvelio Boal López → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaComunismo e Trotskismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, sindicalista, escritor, tradutor, esperantista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Obrero de Unificación Marxista
Partido Socialista Obrero Español
Partido Comunista de España
Izquierda Comunista de España
Republican Nationalist Federal Union (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosMaria Antònia Simó i Andreu Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDiccionari biogràfic del moviment obrer als Països Catalans (pt) Traducir, (sec:Nin i Pérez, Andreu, p.976-978) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1027445

Andreu Nin i Pérez, nado en El Vendrell, provincia de Tarragona, o 4 de febreiro de 1892 e finado en Alcalá de Henares o 20 de xuño de 1937, foi un dos personaxes máis importantes do marxismo revolucionario na España da primeira metade do século XX.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Malia as súas modestas orixes —era fillo dun zapateiro e dunha campesiña—, conseguiu, grazas ao esforzo dos seus pais e á súa intelixencia, chegar a ser mestre e trasladarse a Barcelona, pouco antes da primeira guerra mundial. Aínda que foi mestre durante un tempo, nunha escola laica e libertaria, pronto dedicouse ao periodismo e á política. Aprendeu esperanto en 1907 e, dous anos máis tarde, participou na creación do grupo esperanto Frateco[1], no Vendrell, onde ensinou a lingua internacional.[2] Nestes anos, publicou varios artigos en defensa do esperanto na prensa local.[3] Cando se trasladou a Barcelona, uniuse ao grupo Barcelona Stelo.[4]

O ano 1917 foi clave para a súa vida. Sucesos como a folga xeral de agosto, a Revolución Rusa ou as loitas entre a patronal barcelonesa e os sindicatos, e sobor de todo a CNT, marcáronlle fondamente. Se ben integrouse primeiro nas ringleiras do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) pronto apertou a causa do sindicalismo revolucionario, ingresando na CNT. Tras asistir ao segundo congreso da CNT en 1919, onde defendeu o ingreso da CNT na III Internacional (a Internacional Comunista), substituíu a Evelio Boal, secretario do Comité Nacional da CNT que fora asasinado.

No pleno nacional da CNT celebrado o 28 de abril de 1921, foi elixido delegado para asistir ao terceiro congreso da III Internacional e ao congreso fundacional da Internacional Sindical Vermella (Profintern), converténdose nun personaxe clave de ambas internacionais (mentres tanto, en 1922, a CNT abandonara a Terceira Internacional). Viviu durante un tempo en Moscova, onde pertenceu ao equipo de Lev Trotski durante un tempo. A partir de 1926, pertenceu á Oposición de Esquerdas dirixida por Trotski para opoñerse ao ascenso de Stalin dentro do Partido Comunista da Unión Soviética, tendo que abandonar a URSS en 1930.

Á súa chegada a España, Nin foi clave na formación dun grupo de orientación bolxevique-leninista, a Izquierda Comunista de España (maio de 1931), grupo afiliado á Oposición de Esquerdas Internacional, publicando tamén o xornal El Soviet. Con todo, a “Izquierda Comunista de España” era un grupo pequeno e illado. Nesta época, houbo diverxencias con Trotski, especialmente cando lle aconsellou que o seu partido se integrase nas Juventudes Socialistas para aumentar as forzas á súa disposición.

Formou parte da Alianza Obrera e colaborou nos sucesos de outubro de 1934 en Cataluña. Ao fusionarse o seu grupo co Bloc Obrer i Camperol para fundar o POUM (Partido Obrero de Unificación Marxista) (1935), foi nomeado membro do comité executivo do novo partido e director da súa publicación, La Nueva Era. Foi tamén elixido secretario xeral da “Federación Obrera de Unidad Sindical” (FOUS) en maio de 1936.

Ao estoupar a guerra civil española converteuse no máximo dirixente do POUM e, tras formar parte do Consell d'Economia de Catalunya (entre agosto e setembro de 1936), foi conselleiro de xustiza e dereito da constituída Generalitat (ata Nadal dese ano) ata que o destituíron debido ás presións comunistas.

Finalmente, a medida que as tensións antitrotskistas fixéronse máis evidentes, azuadas polo PCE e o PSUC (rama catalá do partido comunista), e tralos sucesos de maio de 1937 en Barcelona, foi detido pola policía política soviética ás ordes de Stalin, que actuaba clandestinamente na zona republicana coa conivencia dos mandos comunistas na policía e o goberno (xuño de 1937). Foi o día 16 de xuño (o mesmo día que foi declarado ilegal o POUM) cando a policía detivo a Andreu Nin xunto con Julián Gómez (“Gorkin”), Enric Adroher, Jordi Arquer e outros dirixentes do POUM. As ordes das detencións estaban asinadas polo xefe superior de Policía, pero de seguida fixéronse cargo dos detidos os servizos de seguridade soviéticos, que os levaron a Madrid, á checa da rúa Atocha, instalada nunha igrexa. A Nin se lle separou dos seus compañeiros dende o comezo e foi trasladado a Madrid e, dende alí, a Alcalá de Henares, onde foi interrogado pola policía secreta os días 18, 19 e 20 de xuño. Pese ás torturas de Orlov e os seus homes, Andreu Nin negou toda complicidade de espionaxe fascista. Sacado irregularmente do cárcere de Alcalá, foi levado a un pequeno chalé ás aforas da cidade. Este chalé ía ser escenario dunha das montaxes estalinistas máis chapuceiras. Un grupo de soldados alemáns das Brigadas Internacionais, aparentando ser homes da Gestapo, entraron no chalé coa intención de rescatar a Nin. No forcexo dos presuntos nazis cos gardiáns de Nin caeu oportunamente unha carteira que contiña documentación alemá, insignias nazis e billetes españois do bando franquista. Esta representación era co gallo de demostrar que Nin tiña relación co bando fascista, e que fora rescatado por eles. Esta versión foi tida como a verdadeira oficial do partido PCE. Mais na realidade, Orlov e os seus homes torturaron, asasinaron e enterraron o cadáver nalgún lugar de Alcalá de Henares que segue sen se descubrir.

Segundo os expertos da súa obra teórica e da súa actividade política, Andreu Nin era dos poucos dirixentes revolucionarios cunha sólida base intelectual.

Predecesor:
Evelio Boal
Secretario xeral da CNT
marzo - maio 1921
Sucesor:
Joaquín Maurín
  • Les dictadures dels nostres dies (As ditaduras dos nosos días) (1930)
  • Els moviments d'emancipació nacional (Os movementos de emancipación nacional) (1935)
  • Traduciu ó catalán e ó castelán importantes obras rusas e as obras de Trotski.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "L'esperanto i Andreu Nin". Històries del Penedès. 
  2. Poblet i Feijoo, Francesc i Hèctor Alòs i Font. Història de l'esperanto als Països Catalans. Barcelona: Associació Catalana d'Esperanto, 2010, p. 472. ISBN 978-84-936728-6-7.
  3. Poblet i Feijoo, Francesc. Els inicis del moviment esperantista a Catalunya. O Limaco Edizions, 2004, p. 120. ISBN 84-933380-5-2.
  4. «Enciklopedio de Esperanto» Literatura Mondo, 1933-1934.