Andy Panko
Aparencia
Andrew "Andy" John Panko III, nado o 29 de novembro de 1977 en Harrisburg, Pensilvania, é un ex-xogador estadounidense de baloncesto profesional. Mide 2,06 metros e xogaba nas posicións de ala e ala-pivote.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Panko comezou a súa carreira coma profesional cos New Mexico Slam da International Basketball League. Fixo o seu debut na National Basketball Association (NBA) cos Atlanta Hawks no ano 2001. Foi nomeado mellor xogador da tempada da Liga ACB na tempada 2011-12, sendo xogador do Lagun Aro GBC.[1]
Asinou co Panathinaikos BC grego no ano 2012.[2] Máis tarde nese mesmo ano, fichou polo Unicaja Málaga.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ACB.com Andy Panko, MVP Orange 2011-12 .". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 28 de decembro de 2012.
- ↑ "Euroleague.net PANATHINAIKOS signs veteran big man Panko.". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2012. Consultado o 28 de decembro de 2012.
- ↑ "UNICAJA MALAGA gets Panko from Panathinaikos". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Categorías:
- Nados en 1977
- Nados en Harrisburg, Pensilvania
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores do Basket Napoli
- Xogadores do CB Girona
- Xogadores do CB Sevilla
- Xogadores do Bilbao Basket
- Xogadores do PAOK Tesalónica BC
- Xogadores do San Sebastián Gipuzkoa BC
- Xogadores do Panathinaikos BC
- Xogadores do CB Málaga
- Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada
- Xogadores dos Vaqueros de Bayamón
- Xogadores do SLUC Nancy
- Xogadores dos Guaros de Lara