Anel esclerótico
Aparencia
O anel esclerótico é o anel de óso que se encontra nos ollos de varios grupos de animais vertebrados, agás en mamíferos e crocodilianos.[1] Estes aneis poden estar compostos dun único óso ou de varios óso pequenos xuntos.[2] Crese que os aneis escleróticos cumpren un papel de soporte do ollo, especialmente en animais cuxos ollos non son esféricos, ou que viven debaixo da auga.[1] O anel esclerótico é resultado da osificación da parte anterior da cartilaxe esclerótica formada a partir das cápsulas ópticas embrionarias.[3]
Coñécense aneis escleróticos fósiles de gran variedade de animais extintos, como os ictiosauros, pterosauros e dinosauros,[4] aínda que frecuentemente non quedan preservados.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Anel esclerótico do ictiosauro Ophthalmosaurus icenicus.
-
Cranio de Podargus strigoides co seu anel esclerótico na órbita.
-
Cranio do xecónido Uroplatus, mostrando os seus grandes aneis escleróticos.
-
Cranio do dinosauro Velociraptor co seu anel esclerótico na órbita.
-
O anel esclerótico de Ophthalmosaurus ("lagarto de ollo") é un dos maiores que existiron no reino animal.[5]
-
Diagrama dun ollo de ave que mostra a posición do anel esclerótico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Motani, Ryosuke. "Eyes". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2007.
- ↑ "Palaeos Vertebrates: Glossary S". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2007. Consultado o 6 de xullo de 2007.
- ↑ Hyman, Libbie Henrietta (1992). Hyman's Comparative vertebrate anatomy. University Chicago Press. ISBN 0-226-87013-8. OCLC 473921332. Consultado o 5 de xuño de 2020.
- ↑ Pigdon, Dann. "Re: Sclerotic ring in eyes". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2007.
- ↑ http://www.nhm.ac.uk/nature-online/species-of-the-day/evolution/ophthalmosaurus%20icenicus/eyes/index.html