Angelique's Isle
Angelique's Isle | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Angelique's Isle |
Director | Marie-Hélène Cousineau Michelle Derosier |
Produtor | Amos Adetuyi Dave Clement Michelle Derosier Floyd Kane |
Guión | Michelle Derosier |
Baseado en | Angelique Abandoned de James R. Stevens |
Intérpretes | Julia Jones Charlie Carrick Tantoo Cardinal |
Música | Darren Fung |
Fotografía | Celiana Cárdenas |
Montaxe | Wiebke von Carolsfeld |
Estudio | Circle Blue Entertainment Freddie Films Thunderstone Pictures |
Estrea | AFF: 19 de setembro de 2018 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Canadá |
Xénero | Drama histórico |
Recadación | 5.801 dólares[1] |
Na rede | |
Angelique's Isle é un filme canadense de 2018 dirixido por Marie-Hélène Cousineau e Michelle Derosier.[2] Baséase nunha historia real ambientada en 1845, e está protagonizado por Julia Jones como Angelique Mott, unha muller anishinaabe que acompaña o seu marido Charlie (Charlie Carrick) nunha expedición para buscar posibles xacementos mineiros durante a carreira do cobre. A parella queda abandonada nunha illa do lago Superior e vese obrigada a sobrevivir o duro inverno pola súa conta.[3] O resto do elenco está composto por Tantoo Cardinal, Aden Young, Stephen McHattie, Brendt Thomas Diabo, Greg Tremblay, Anthony Roch e Dennis Dubinsky.
Gañou tres premios no Festival de Cinema Indio Americano, ao mellor filme, mellor actriz (Jones) e mellor actriz secundaria (Cardinal).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Abandoned: Angelique's Isle (2021)". Box Office Mojo. Consultado o 30 de marzo de 2021.
- ↑ Sara Clements, "'Angelique's Isle' Is More Than Just a Man-versus-Nature Survival Story". Exclaim!, 23 de agosto de 2019.
- ↑ "Angelique’s Isle: A rarely told Canadian story visits a hidden landscape, but takes some shaky steps". National Post, 22 de agosto de 2019.
- ↑ "North Bay filmmaker proud to showcase feature film at home". Regina Leader-Post, 15 de novembro de 2018.