Saltar ao contido

Ynys Môn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anglesey»)
Modelo:Xeografía físicaYnys Môn
(cy) Ynys Môn Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla
división administrativa Editar o valor en Wikidata
Parte deGwynedd (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIsle of Anglesey, Reino Unido (en) Traducir e Gales, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMar de Irlanda Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°17′38″N 4°22′36″O / 53.29398, -4.37673
Bañado porCanal de San Xurxo e Mar de Irlanda Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira conGwynedd Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie749,0227 km² Editar o valor en Wikidata
Área de Salientable Beleza Natural

Páxina webanglesey.gov.uk Editar o valor en Wikidata

Ynys Môn (inglés: Anglesey) é unha illa e condado de Gales, Gran Bretaña. Situada no oeste de Gales, separada de terra firme polo estreito de Menai, dúas pontes conéctana co resto de Gales. A capital é Llangefni e Holyhead a vila máis poboada (situada na illa de Holy Land). O condado ten 66.829 habitantes e 715 km². Anglesey é a illa máis grande de Gales e a a sétima máis grande das Illas Británicas, Anglesey é tamén a illa máis grande do Mar de Irlanda por superficie, e a segunda illa máis poboada (logo da Illa de Man).[1] A poboación no censo de 2011 era de 69.751 habitantes.[2]

"Anglesey" derívase da Lingua nórdica antiga, orixinalmente Ǫngullsey "Illa Garfo"[3] ou Ǫnglisey "Illa de Ǫngli".[3][4]

Posteriormente invadírona os viquingos, saxóns e normandos. No século XIII Eduardo I de Inglaterra conquistou Anglesey.

Hai numerosos monumentos megalíticos e menhires en Anglesey, dando testemuño da presenza dos seres humanos xa na prehistoria.

Historicamente, Anglesey asociouse durante moito tempo cos druídas. No ano 60 d.C. o xeneral romano Gaio Suetonio Paulino decidiu acabar co poder dos druídas e atacou a illa, destruíndo o santuario e as lubres (arboredas sagradas). As noticias da revolta de Boudica alcanzáronlle xusto logo da súa vitoria, facéndolle retirar a súa armada antes de consolidar a súa conquista. A illa foi finalmente incluída no Imperio romano polo gobernador Cneo Xulo Agricola no ano 78 d.C. Os romanos chamaron á illa Mona.

Môn é o nome galés para Anglesey. Provén do británico enisis mona, aparecendo por primeira vez durante a éra romana como 'Mona'. É Mona para Tácito (Ann. xiv. 29, Agr. xiv. 18), Plinio o Vello (iv. 16) e Dión Casio (62). Chámaselle Môn Mam Cymru (Môn, Nai de Gales) por Giraldus Cambrensis, pola afirmada capacidade da fértil terra para producir suficiente comida para toda Gales. Realmente, a afirmación estaba probablemente máis dirixida a unha capacidade para manter a Gwynedd. Clas Merddin e Y fêl Ynys (Illa Mel) son outros nomes. De acordo coas Tríades (67), Anglesey foi nun principio parte do continente. Quedan 28 crónlechs na meseta con vistas ao mar; por exemplo a Plâs Newydd. Os druídas foron atacados no ano 61 por Suetonio Paulino e outra vez no 78 por Agrícola. A actual estrada que discorre desde Holyhead ata Llanfairpwllgwyngyll podería ser nas súas orixes unha calzada romana.[5] A illa foi agrupada por Tolomeo con Irlanda ("Hibernia") no canto de con Gran Bretaña ("Albion").[6]

Ao final do período romano, finais do século IV e principios do século V, os piratas de Irlanda colonizaron Anglesey e a próxima península de Llŷn (Llŷn en galés). En resposta, un xefe militar británico do norte de Gran Bretaña chamado Cunedda dirixiuse á zona e comezou o proceso de expulsar aos irlandeses. Este proceso foi continuado polo seu fillo Einion Yrth ap Cunedda e o seu neto Cadwallon Lawhir ata que os últimos irlandeses foron derrotados na batalla do ano 470. Como illa, Môn tiña unha boa posición defensiva, e por isto foi a sede da corte ou Llys dos reis e príncipes de Gwynedd en Aberffraw. Agás dun saqueo devastador Danés no ano 853, continuou coa súa situación ata o século XIII, cando as melloras nos navíos ingleses fixérona indefendible.

Logo dos irlandeses, a illa foi invadida por viquingos, saxóns e normandos antes de caer ante o rei Eduardo I de Inglaterra, no século XIII.

  1. C.Michael Hogan. 2011. Irish Sea. eds P. Saundry and C. Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment. Washington DC
  2. "Local Authority population 2011". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 18 de maio de 2015. 
  3. 3,0 3,1 Lena Peterson, et al. Nordiskt runnamnslexikon Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine. (Dictionary of Names from Runic Inscriptions), p. 116, maio 2001. Accessed 6 de xuño de 2012.
  4. Room, Adrian. Placenames of the World, p. 30. McFarland, 2003. Accessed 6 de febreiro de 2013.
  5. Chisholm, Hugh (1910). The Encyclopædia Britannica: A Dictionary of Arts, Sciences, Literature and General Information. Encyclopædia Britannica Company. p. 18. 
  6. Ptolemy. Geog. Bk. 2, Ch. 1 & 2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]