Ankur
Aparencia
Ankur | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Shyam Benegal |
Produtor | Lalit M. Bijlani, Freni Variava; Blaze Film Enterprises |
Guión | Shyam Benegal |
Intérpretes | Anant Nag Shabana Azmi Sadhu Meher Priya Tendulkar Kader Ali Beg Dalip Tahil |
Música | Vanraj Bhatia |
Fotografía | Govind Nihalani Kamath Ghanekar[1] |
Estrea | 1974 |
Duración | 125 minutos |
Orixe | India |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Ankur é un filme indio de 1974, a primeira longametraxe do director Shyam Benegal e o début dos actores Shabana Azmi e Anant Nag e encádrase dentro do que se coñece na India como cinema paralelo, alternativo ao comercial indio. O argumento baséase nunha historia real que coñeceu Benegal nos seus anos mozos e para manter o realismo filmouse enteiramente na pequena aldea de Yellareddiguda, os actores exprésanse na variedade do urdú que alí se fala, o dakhini.[2] O filme gañou tres National Film Awards e foi candidato ao Oso de Ouro no 24º Festival de Cinema de Berlín.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Anant Nag como Surya
- Mirza Qadir Ali Baig como pai de Surya
- Prafullata Natu como nai de Surya
- Priya Tendulkar como Saru
- Shabana Azmi como Lakshmi
- Sadhu Meher como Kishtaya
- Dalip Tahil
- Agha Mohammed Hussain como Sheik Chand
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ankur (1974) - Cast and Credits The New York Times.
- ↑ "Shyam Benegal’s Ankur and the Nehruvian Woman Robert Cross" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de maio de 2020. Consultado o 09 de xaneiro de 2020.