Ann Makosinski
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1997 ![]() Victoria, Canadá ![]() |
Educación | Universidade da Columbia Británica (2006–2015) St. Margaret's School (en) ![]() St. Michaels University School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | estudante, inventora ![]() |
Sitio web | annmakosinski.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ann Makosinski, nada en Vitoria, Canadá, o 3 de outubro de 1997 é unha estudante, inventora e oradora canadense. Gañou a Google Science Fair en 2013 por inventar unha lanterna termoeléctrica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Makosinski é de ascendencia filipina e polaca.[1] O seu pai é director de laboratorio retirado e conta con dúas patentes médicas.[2]A súa familia vive en Saanich, Columbia británica.[3]Estudou no St. Michaels University School.[4]Para o seu proxecto de sétimo grao, Makosinski inventou unha radio que se podía alimentar coa calor dunha candea. Tamén construíu unha lanterna piezoeléctrica cando estaba en noveno curso.[5]
Lanterna oca ou Hollow Flashlight
[editar | editar a fonte]En 2014 Makosinski gañou a Google Science Fair na categoría de 15 a 16 anos co proxecto Hollow Flashlight, unha lanterna termoeléctrica.[6][1] Inspirouse nas súas visitas á terra natal da súa nai (Filipinas), onde unha amiga súa tivera problemas na escola porque non tiña suficiente luz para estudar durante a noite.[6][7] O dispositivo baséase no efecto termoeléctrico empregando placas Peltier.[8]É oco para incrementar as correntes convectivas.[5] En 2017 comezou as negociacións para producir comercialmente e distribuír as lanternas.[9][10][11]
Foi oradora en TED x Richmond e en TED x Vancouver no ano 2013.[2] Ese ano apareceu na lista 30 Under 30 da revista Time[12] e gañou unha medalla de ouro na Canada-Wide Science Fair.[13] En 2014 presentou The Problem with Inventions en TEDx Vitoria. Tamén foi oradora de TED x Teen en 2016 - coa súa charla Why I don't use a smart phone.[14] Makosinski presentou a súa cunca eDrink, que usa a calor da bebida para cargar un teléfono, no programa Tonight Show de Jimmy Fallon.[15][16] Como premio outorgáronlle $5,000 para apoiar a súa formación.[17]
É a fundadora de Makotronics Enterprises.[18] Postulouse para obter múltiples patentes.[19] En agosto de 2017 embarcouse nunha expedición de dúas semanas ao Paso do Noroeste para celebrar o 150 aniversario do Canadá.[20]
Premios e Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Gañou catro premios na Intel International Science and Engineering Fair.[21]
Foi votada como a nova inventora do ano en 2016 por Popular Science.
En 2016 Ann gañou 50 000 dólares para investimento grazas a Quest Climate Grant, financiado por Canadian Geographic e Shell_Energy_North_America, polos seus inventos alimentados coa calor humana.[22]
Na área publicitaria foi elixida embaixadora de marca de Uniqlo en 2016 e fixo campañas con Five Star e Lenovo.[9][23][24]
En 2017 Makosinski foi incluída na lista Forbes 30 under 30.[25] Tamén foi nomeada pola revista Glamour como unha das mulleres universitarias do ano en 2018.[26]
En outubro de 2017 foi parte do Converse Public Access show con Miley Cyrus.[27]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ramos-Reid, Rachel. "Ann Makosinski: The Girl Next Door is a Young Scientist". Canadian Filipino Net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Ferreras, Jesse (20 de setembro de 2013). "Ann Makosinski, Google Science Fair Finalist Heads To Calif., Hits TEDx Circuit (VIDEO)". The Huffington Post B.C. (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ "Saanich student, 16, shows off invention on Tonight Show". Victoria Times Colonist (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ SMART, Amy (20 de febreiro de 2014). "Vancouver Island student shows Jimmy Fallon her invention on Tonight Show" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 1 de agosto de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 Baron, Alexander (3 de xullo de 2013). "Will Ann Makosinski change the world?". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2019. Consultado o 3 de xullo de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 "Fil-Canadian teen's invention gets Google's attention" (en inglés).
- ↑ "This 18-Year-Old Invented A Coffee Mug That Can Charge Your Phone" (en inglés).
- ↑ Babida, Blair (2018-07-13). "Hollow Flashlight". EEWeb (en inglés). Consultado o 2022-03-24.
- ↑ 9,0 9,1 "Ann Makosinski". Jeff Jacobson Agency (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2022.
- ↑ Taylor, Darren (21 de setembro de 2017). "Not your usual 19-year-old" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2021.
- ↑ "The Body Heat Powered Flashlight: How it Works". www.herox.com (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ Rhodan, Maya (4 de decembro de 2013). "Ann MakosinskiThese Are the 30 People Under 30 Changing the World". Time (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ "Young Innovators: Ann Makosinski of Makotronics Enterprises — Douglas Magazine" (en inglés). 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Ann Makosinski" (en inglés).
- ↑ "Jimmy Fallon turns spotlight on Victoria teen’s flashlight" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2018. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
- ↑ "Saanich teen's newest invention can use hot coffee to power devices" (en inglés).
- ↑ "Ann Makosinski's Tonight Show Segment Makes Victoria Proud" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2014.
- ↑ "Ann Makosinski". Forbes (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2022.
- ↑ "Patents Assigned to MAKOTRONICS ENTERPRISES INC. - Justia Patents Search" (en inglés).
- ↑ "Ann Makosinski - SingularityU Canada" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2019. Consultado o 4 de xuño de 2020.
- ↑ "Ann Makosinski: Inventing your UBC experience" (en inglés).
- ↑ "Ann Makosinski, B.C. Teen Inventor, Wins $50,000 In Latest Achievement" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2015.
- ↑ Make Better Today – Ann Makosinski Presented by TakePart + Lenovo.
- ↑ Uniqlo - Ann Makosinski "Flashlight Gir".
- ↑ "UBC student Ann Makosinski named to Forbes 30 Under 30 list". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2021. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
- ↑ "10 College Women on Activism, #MeToo, and Calling B.S. on Perfection" (en inglés).
- ↑ "Miley Cyrus Is All Fun in her Public Access Episode With Converse" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2022. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web persoal (en inglés)
- "Una adolescente inventa una ingeniosa linterna sin pilas". Gizmodo en Español (en castelán). Consultado o 2022-04-14. (en castelán)