Anna Gas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1996 (28 anos) Barcelona, España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora de contos |
Xénero artístico | Poesía |
Premios | |
Anna Gas i Serra, nada en Barcelona o 18 de outubro de 1996, é unha escritora en lingua catalá.[1]
En agosto de 2021, Nós Diario publicou o relato curto Xerminar (Un verán en Galeusca: proxecto impulsado entre VilaWeb, Berria, Nós Diario e Belfastmedia).[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Anna Gas comezou a escribir historias nos seus últimos anos de adolescencia, cos que recibiu, entre 2013 e 2015, algúns premios literarios locais por obras inéditas, ata que en 2017 foi galardoada co 18º Premio Joan Duch de poesía para novos escritores, co que publicou o primeiro volume de poemas, Crossa d'aigua (Editorial Fonoll). Foi incluída en varias antoloxías e os seus poemas foron traducidos ao español, italiano, inglés e galego.
Compaxinou os seus estudos con diversos traballos: bibliotecaria, arquiveira ou repartidora de comida na casa. Licenciada en Estudos Literarios pola Universidade de Barcelona e licenciada en Psicoloxía.[3]
En 2019 publicou Llengua de Anthrax, no que a poesía de Gas "está construída sobre o paradoxo que se basea na resignificación da mirada e na disolución do corpo perforado e sen órganos, como xa anunciaron Deleuze e Guattari: a linguaxe como unha centralidade reflexiva e metalingüística, e a outra como ameaza e condición de posibilidade".[4] Por este poemario foi galardoada co Premio de Poesía Cavall Verd en 2020.[5]
En 2020 gañou o premio Mercè Rodoreda de relatos e narracións curtas coa colección El pèndol[6], a persoa máis nova que o gañou.[7]
Obra
[editar | editar a fonte]- Crossa d'aigua (2017). Juneda: Editorial Fonoll. ISBN 978-84-946447-5-7.
- Llengua d'àntrax (2019). La Pobla de Farnals. Edicions del Buc. 62 páxs. ISBN 978-84-946945-7-8. Traducida ao galego por Antón Blanco Casás en 2021.[8]
- El pèndol (2021). Barcelona: Proa. 160 páxs. ISBN 9788475888729.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2014 - Premio xuvenil La Llopa dels Jocs Florals de Calella polo poema Abans de perir.
- 2017 - Premio Joan Duch de poesia para escritores novos.
- 2020 - Premio Premi Josep Maria Llompart de poesía Cavall Verd por Llengua d'àntrax.
- 2020 - Premio Mercè Rodoreda de contos e narracións por El pèndol.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Anna Gas". poeteca.cat (en catalán). Consultado o 2021-08-20.
- ↑ "Nós Diario". hemeroteca.nosdiario.gal. Consultado o 2021-08-20.
- ↑ "Edicions del Buc" (en catalán). Consultado o 2021-08-20.
- ↑ Guasch, Pol. «La llengua emmetzinada». Núvol, 27-03-2020. [Consulta: 2 abril 2020].
- ↑ "Anna Gas i Margarida Castells, guardonades amb els XXXVII Premis Cavall Verd". dBalears (en catalán). 2020-03-27. Consultado o 2021-08-20.
- ↑ "Víctor Garcia Tur guanya el Sant Jordi, Miquel Desclot el Carles Riba i Anna Gas el Mercè Rodoreda". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2021-08-20.
- ↑ "Anna Gas: "La literatura permet defensar una manera de veure el món"". Núvol (en catalán). Consultado o 2021-08-20.
- ↑ "Lingua de ántrax". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25.