Anna Luísa Beserra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de setembro de 1997 (26 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Actividade | |
Ocupación | emprendedora |
Anna Luísa Bessera Santos, nada en Salvador o 24 de setembro de 1997, é unha emprendedora ambiental brasileira. É a fundadora e CEO de Safe Drinking Water for All (SDW for all), un sistema de filtración para desinfectar a auga da choiva recollida a partir de cisternas.[1][2] Recibiu o premio "Mozos Campións da Terra" do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente en 2019. A Shell Company concedeulle un premio no seu programa LiveWIRE, na categoría "Prosperidade local" polo seu traballo na SDW.[3] Anna Luísa tamén é membro da organización internacional Young Water Solutions.[4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos 15 anos, Anna Luísa desenvolveu un produto denominado Aqualuz, un sistema de filtrado de desinfección solar de auga.[3][4] O seu mentor incentivouna a lanzar un emprendimiento social en torno ó produto. O seu negocio procura levar auga para algunhas das áreas máis secas do Brasil.[1][5] A SDW actúa con proxectos ESG para saneamento para áreas rurais, onde empresas invisten nas comunidades locais, e foi considerada unha das 50 startups que van mudar o Brasil.[6]
Estudou biotecnoloxía na Universidade Federal da Bahia.[7]
En 2019 recibiu o premio "Mozos Campións da Terra" do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o premio Hugo Werneck de Sostibilidade e Amor á Natureza.[8][9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Quem somos" (en portugués). Consultado o 2021-02-05.
- ↑ "Young environmental prize winner for Latin America and the Caribbean invents a new solar solution to purify drinking water" (en inglés). 2019-09-17. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2021. Consultado o 2021-02-05.
- ↑ 3,0 3,1 "Meet 2020 Top Ten Innovator Anna Luisa Beserra Santos!" (en inglés). Consultado o 2021-02-05.
- ↑ 4,0 4,1 "Anna Luisa Beserra – Young Water Solutions" (en inglés). Consultado o 2021-02-05.
- ↑ "ONU News entrevista brasileira vencedora do Jovens Campeões da Terra" (en portugués). 2019-09-17. Consultado o 2021-02-05.
- ↑ "As 50 startups que mudam o Brasil". Consultado o 2021-04-20.
- ↑ "Anna Luísa Beserra | Empreendedora" (en portugués). Consultado o 2021-02-05.
- ↑ "Seven entrepreneurs win top United Nations Young Champions of the Earth prize for outstanding work to protect our world" (en inglés). 2019-09-19. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2021. Consultado o 2021-02-05.
- ↑ "Anna Luísa Beserra vence Prêmio Hugo Werneck de destaque internacional" (en inglés). Consultado o 2021-02-05.