Saltar ao contido

Anna Sharyhina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnna Sharyhina

(2020) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(uk) Анна Борисівна Шаригіна Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Actividade
Ocupaciónactivista LGBT Editar o valor en Wikidata

Twitter: a_sharyhina Editar o valor en Wikidata

Anna Borysivna Sharyhina, nada c.1978, é unha feminista ucraína e activista LGBT. É cofundadora da Sphere Women's Association, unha organización feminista lésbica en Khárkiv, e do NGO Kyiv Pride, o comité organizador da Marcha do Orgullo en Kíiv.[1]

Sharyhina e a súa parella, Vira Chemygina, levan implicadas coa comunidade LGBT ucraína e organizacións de lesbianas durante máis dunha década. Organizaron as primeiras marchas de Kíiv pola igualdade. A segunda marcha de Kíiv pola igualdade, celebrada en 2015, estivo acompañada pola policía e contou co apoio de diversas figuras públicas. Con todo, a marcha só durou 15 minutos debido á violencia de extrema dereita contra os manifestantes.[1] Dez persoas, incluíndo a policías que custodiaban o evento, resultaron feridas.[2]

A actividade feminista e LGBT de Sharyhina enfrontouse a unha continua oposición en Ucraína. Cando deu unha conferencia sobre movementos LGBT nunha librería de Khárkiv, a reunión tivo que ser trasladada dúas veces: primeiro ó centro de prensa Nakipelo de Khárkiv e despois ó centro Izolyatsiya de Kíiv.[3] PrideHub, un centro comunitario de Khárkiv, foi atacado por homes enmascarados con granadas de fume en xullo de 2018; o edificio foi vandalizado máis tarde con graffitis e sangue de animais. Aínda que se puxeron denuncias na policía, e foron enviadas sobre 1,000 cartas de queixa ó Ministro do Interior Arsen Avakov, ninguén foi castigado pola a ofensa.[4][5]

En marzo de 2019, Sharyhina estaba entre as que organizaron a Semana de Solidariedade das Mulleres en Khárkiv durante a primeira semana de marzo:

O obxectivo do evento é volver á esencia orixinal do Día Internacional da Muller, cando as mulleres se unen na loita polos seus dereitos. Este é un día de solidariedade feminina, non de ramos e doces. A Semana da Solidariedade da Muller é principalmente un proxecto educativo, e estamos unidas non contra algo, senón polo desenvolvemento das mulleres, as comunidades de mulleres e toda a sociedade ucraína.[6]

En xaneiro de 2020 Sharyhina criticou a Mike Pompeo por visitar Ucraína sen reunirse cos líderes da comunidade LGBTQ.[4][5]

  1. 1,0 1,1 Claire Gaillard, Anna Sharyhina – Ukraine, Hope for the Future, Les Spread the Word, 5 de outubro de 2015. Traducido por Leanne Ross.
  2. Clara Marchaud, Kyiv Pride week events to raise awareness, defend LGBTQ rights, Kyiv Post, 8 de xuño de 2018.
  3. Ganna Grytsenko, What are the real barriers to freedom of assembly in Ukraine?, openDemocracy, 16 de maio de 2018.
  4. 4,0 4,1 Anna Nemtsova, Mike Pompeo Snubs Ukraine’s Embattled LGBTQ Community, The Daily Beast, 31 de xaneiro de 2020.
  5. 5,0 5,1 Lily Wakefield, US Secretary of State Mike Pompeo refuses to meet with LGBT activists in Ukraine, Pink News, 1 de febreiro de 2020.
  6. Natalia Ivanova, International Women’s Day: Breaking Stereotypes, Kharkiv Observer, 8 de marzo de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]