Casimir de Candolle
Nome orixinal | Anne Casimir Pyrame de Candolle |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Anne-Casimir-Pyramus de Candolle 20 de febreiro de 1836 Xenebra |
Morte | 3 de outubro de 1918 Chêne-Bougeries |
Lugar de sepultura | Cemetery of Chêne-Bougeries (en) , L-57 |
País de nacionalidade | suíza |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, Piperaceae e Fisioloxía vexetal |
Ocupación | botánico |
Influencias | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | C.DC. |
Familia | |
Cónxuxe | Anna-Mathilde Marcet |
Fillos | Véxase o texto |
Pais | Alphonse Pyrame de Candolle e Jeanne-Victoire-Laure Kunkler |
Premios | |
Véxase o texto | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Anne Casimir Pyrame de Candolle, nado o 20 de febreiro de 1836 en Xenebra, e finado o 3 de outubro de 1918 en Chêne-Bougeries, (Cantón de Xenebra), foi un botánico suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do botánico Alphonse Pyrame de Candolle, e neto do tamén botánico Augustin Pyrame de Candolle, continuou os traballos científicos botánicos de seu pai (e do seu avó), mantendo unha dinastía de botánicos que se prolongaría durante boa parte dos séculos XIX e XX.
Casimir de Candolle estudou química, física e matemáticas na Universidade de París, entre 1853 e 1857. Máis tarde pasou un tempo en Inglaterra, onde coñeceu a Miles Berkeley. En 1859 visitou Alxeria e durante o ano seguinte continuou a súa educación na Universidade Humboldt de Berlín.[1]
Despois volveu a Xenebra como axudante e colega do seu pai. Casou con Anna-Mathilde Marcet e tiveron catro fillos: Raymond Charles de Candolle (1864–1935), Florence Pauline Lucienne de Candolle (1865–1943), Richard Émile Augustin de Candolle (1868–1920) e Reyne Marguerite de Candolle (1876–1958).[2]
Traballou extensamente na obra Monographiae phanerogamarum, comezada polo seu pai.[3]
No campo da sistemática vexetal utilizou criterios como a estrutura do talo e/ou a disposición das follas como base de criterios anatómicos. Como fisiólogo vexetal, realizou investigacións sobre o movemento das follas, o encrespamento dos gabiáns, o efecto das baixas temperaturas na xerminación das sementes e a influencia da radiación ultravioleta na formación de flores. Estaba especialmente interesado na familia das piperáceas.[3]
Ademais do seu traballo en Mongraphiae phanerogamarum, foi coeditor dos Archives des sciences physiques et naturelles (Xenebra). Obtivo títulos de doutor honoris causa polas Universidades de Rostock, Xenebra, Aberdeen e Uppsala.[3]
Algunhas especies descritas por este autor
[editar | editar a fonte]- Begonia convallariodora
- Begonia tiliifolia
- Begonia udisilvestris
- Cedrela lilloi
- Guarea africana
- Juglans jamaicensis
- Khaya anthotheca
- Khaya grandifoliola
- Pterocarya stenoptera
Premios
[editar | editar a fonte]- Doutor Honis Causa pola Universidade de Rostock
- Doutor Honoris Causa pola Universidade de Uppsala
- Doitor Honoris Causa pola Universidade de Aberdeen
- Doutor Honoris Causa pola Universidade de Xenebra
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura C.DC. emprégase para indicar a Casimir de Candolle como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ von Müller, Ferdinand (2006): Selected Correspondence of Ferdinand Von Mueller. Berna: Peter Lang. ISBN 978-3-9067-5710-0.
- ↑ Rossellat, Lionel. "Florence Pauline Lucienne de Candolle – Arbre généalogique Lionel Rossella. Consultado o 26 de xullo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Heinz Balmer. Candolle, Casimir, no Dicionario histórico de Suiza, en liña, versión 31 de maio se 2005 Consultado o 26 de xullo de 2022.
- ↑ C.DC. – Anne Casimir Pyramus de Candolle (1836-1918) no IPNI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casimir de Candolle |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Casimir de Candolle |