Saltar ao contido

Anne Fausto-Sterling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnne Fausto-Sterling

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Queens, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaProvidence Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Brown Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbióloga, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Brown Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePaula Vogel Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webannefaustosterling.com Editar o valor en Wikidata

Anne Fausto Sterling, nada en 1944, é doutora en filosofía e profesora de bioloxía e estudos de xénero na Universidade Brown. Participa activamente no eido da sexoloxía e escribiu cumpridamente sobre os campos de bioloxía do xénero, identidade sexual, identidade de xénero e roles de xénero. Esta casada dende setembro de 2004 con Paula Vogel, profesora de Yale e gañadora do Premio Pulitzer de teatro.[1]

Á parte de múltiples artigos, escribiu dous libros para o público en xeral. O primeiro deles, Myths of Gender: Biological Theories about Women and Men, foi editado por primeira vez en 1985 e reeditado en 1992 en Nova York.[2]

O seu segundo libro, Corpos sexuados, é probablemente a súa obra máis famosa. Foi editado orixinalmente no ano 2000 co título Sexing the Body. Gender politics and the construction of sexuality. Neste libro a autora analiza a construción social da identidade de xénero, rexeitando a dualidade masculina/feminina mediante a análise dos estados intersexuados.[3]

  1. "Paula Vogel, Anne Fausto-Sterling". New York Times. 
  2. Miths of gender: Biological theories about women and men. BasicBooks. ISBN 0-465-04792-0. 
  3. Cuerpos Sexuados. Melusina. ISBN 978-84-96614-03-1.