Annie Au
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1989 (35 anos) Hong Kong, República Popular da China |
Educación | Universidade Politécnica de Hong Kong (pt) Jockey Club Ti-I College (en) |
Actividade | |
Ocupación | xogador de squash |
Deporte | Squash |
Participou en | |
2014 | Jogos Asiáticos de 2014 (pt) |
2010 | Jogos Asiáticos de 2010 (pt) |
Familia | |
Irmáns | Leo Au |
Annie Au Wing Chi (chinés tradicional: 歐詠芝; pinyin: Oū Yǒngzhī), nada en Hong Kong o 9 de febreiro de 1989 e coñecida como Annie Au, é unha antiga xogadora profesional de squash que representou a Hong Kong.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Annie é unha xogadora manicha que causou unha grande impresión xa como júnior. Non só gañou títulos do British Junior Open senón que chegou á final do Asian Junior e foi membro do equipo de Hong Kong que gañou o mundial júnior[1]. Comezou a xogar ao squash na escola con trece anos, so a influencia do seu irmán máis novo Leo Au, a través do esquema de promoción e entrou no Instituto de Deportes de Hong Kong. A partir de 2001 adestrouna o seleccionador nacional Faheem Khan [2]. En 2011 graduouse na Escola de Administración de Empresas da Universidade Politécnica de Hong Kong[3]. Foi oito veces campioa de Hong Kong nos anos 2009, 2011, 2012, 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019[4].
Nos Xogos Asiáticos de 2010 logrou a medalla de prata individual, logo de perder con Nicol David como por equipos, tamén tras bater Malaisia a Hong Kong. Na edición 2014 fíxose coa medalla de bronce, tanto en individual como por equipos, e en 2018 foi unha das integrantes do equipo de Hong Kong que logrou a medalla de ouro tras derrotar á India.
En maio de 2012 Au acadou o posto 6º do mundo [5] [6]. En 2016 formou parte do equipo de Hong Kong que gañou a medalla de bronce no Campionato do Mundo Feminino de Squash por equipos de 2016 en Francia [7]. En 2017 derrotou á gran favorita, Nicol David, na segunda rolda do US Open logo de 23 enfrontamentos entre elas [8]. En 2018 volveu formar parte do equipo de Hong Kong que gañou a medalla de bronce no Campionato Mundial de Squash por Equipos Feminino [9]. Au retirouse en 2020 e entrou a formar parte do corpo da policía [10].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "歐詠芝盼為港壁球延續輝煌". Wen Wei Po. 23 de novembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2009. Consultado o 07 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Annie Au (Hong Kong)". Squash Info.
- ↑ "警隊吸納多名精英運動員 歐詠芝胞弟亦將成為新紮師兄". Headline Daily. 22 de outubro de 2020.
- ↑ "Hong Kong Champions". Hong Kong Squash.
- ↑ WISPA Player Profile
- ↑ Player Profile at SquashInfo
- ↑ "WSF Women's World Team Champs 2016". Squash site. 3 de decembro de 2016.
- ↑ "(Squash ) World No 9 Annie Au sends powerhouse Nicol packing at US Open". New Straits Times. 10 de outubro de 2017.
- ↑ "France & Hong Kong gatecrash World Team Semis in Dalian". World Squash. 20 de outubro de 2021.
- ↑ "Squash queen Annie Au joins the police as Hong Kong sport loses one of its few world-class stars". South China Morning Post. 17 de outubro de 2020.