Saltar ao contido

Anorgasmia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anorgasmia
Clasificación e recursos externos
ICD-10F52.3
ICD-9302.73, 302.74
DiseasesDB23879
eMedicinearticle/295379
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A anorgasmia[1] é a inhibición recorrente e persistente do orgasmo, manifestada pola súa ausencia tras unha fase de excitación normal, e producida a través dunha estimulación que poida considerarse adecuada en intensidade, duración e tipo. É, xunto coa falta de desexo, unha das disfuncións sexuais máis comúns da muller. Pode haber anorgasmia no home, pero é menos frecuente e dificilmente diagnosticada, xa que se oculta tras o prexuízo erróneo de que a exaculación é un orgasmo.

Tipos de anorgasmia

[editar | editar a fonte]
  • Anorgasmia primaria: sófrea quen nunca obtivo o orgasmo, nin a través do coito nin por masturbación, a pesar de poder -ou non- exacular normalmente.
  • Anorgasmia secundaria: sófrea quen, tras unha época de ter orgasmos con normalidade, deixa de experimentalos de forma sistemática.
  • Anorgasmia absoluta: cando non é capaz de alcanzar o orgasmo mediante ningún procedemento (autoestimulación, heteromasturbación etc.).
  • Anorgasmia relativa: cando se é incapaz de chegar ao clímax dunha forma determinada; por exemplo, anorgasmia coital.
  • Anorgasmia situacional: cando pode alcanzar o orgasmo só en determinadas circunstancias específicas.

Na fisioloxía do orgasmo feminino interveñen máis factores que no masculino, e é, polo tanto, máis complexa. Por iso, os trastornos do orgasmo son moito máis frecuentes nelas. Nelas, o orgasmo vai acompañado dunha serie de contraccións reflexas de certos músculos xenitais localizados na vaxina. Calquera enfermidade ou traumatismo en dita zona, ao igual que a inxesta de calquera droga, e incluso algún fármaco concreto, poden ser causas orgánicas que inhiban o orgasmo.

Orgánicas. Só representan un 5 por cento das causas. Enfermidades endocrinolóxicas (diabetes etc.), neurolóxicas, xinecolóxicas etc.

Psicolóxicas. Son as máis frecuentes. Entre as principais:

  1. condicións culturais negativas
  2. experiencias sexuais traumáticas
  3. factores interpersonais
  4. falta de información sexual
  5. monotonía na falta de concentración, angustia etc.
  6. ambivalencia respecto ao seu compromiso de cara á relación de parella, o temor ao abandono, temor a afirmar a propia independencia, sentimentos de culpa relacionados sobre todo coas relacións sexuais.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

A anorgasmia é tratable e ten bo prognóstico, sempre e cando o paciente coopere co terapeuta. O tratamento é efectivo en arredor do 95% dos casos, cifra bastante elevada se temos en conta a magnitude do problema. O tratamento da anorgasmia vai encamiñado, principalmente, a:

  • Eliminar as actitudes negativas e prexuízos arredor da sexualidade en xeral, e do orgasmo en particular.
  • Mellora da relación, a través da comunicación entre a parella.
  • Programa de habilidades sexuais, que consiste nunha serie de exercicios específicos para esta disfunción.
  1. REAL ACADEMIA DE MEDICINA E CIRURXÍA DE GALICIA (2002). "DICCIONARIO GALEGO DE TERMOS MÉDICOS" (PDF). p. 39. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2013. Consultado o 9 de febreiro de 2014.