Saltar ao contido

Anousheh Ansari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnousheh Ansari

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Mashhad, Irán Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPlano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIrrelixión Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade George Mason
Universidade George Washington Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresaria, emprendedora, private space traveler (en) Traducir, astrónoma, astronauta, enxeñeira, executiva Editar o valor en Wikidata
Tempo no espazo10 días, 21 horas e 5 minutos Editar o valor en Wikidata
Misión do astronauta
Participou en
25 de outubro de 2022FII 6th Edition in Riyadh (en) Traducir
Global Conference 2019 (en) Traducir
Global Conference 2022 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
18 de setembro de 2006-29 de setembro de 2006voo espacial Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webanoushehansari.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2435080 Twitter: anoushehansari LinkedIn: anousheh-ansari-4a40929 Editar o valor en Wikidata

Anousheh Ansari, nada en Mashhad (Irán) o 12 de setembro de 1966, é unha enxeñeira iraniana-estadounidense cofundadora e presidenta de Prodea Systems Inc, unha participante en voos espaciais do programa espacial ruso. Os seus logros anteriores inclúen negocios como cofundadora e CEO de Telecom Technologies, Inc. (TTI). A familia Ansari é tamén a patrocinadora do Premio Ansari X Prize. Ansari, é a cuarta turista espacial autofinanciada, e a primeira muller en voar autofinanciada á Estación Espacial Internacional. Voou nas misións Soiuz TMA-9 e Soiuz TMA-8, pasando un tempo no espazo de 10d, 21h e 04m.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Anousheh e os seus pais, viviron en Teherán.[1] Anousheh foi testemuña da revolución iraniana en 1979. Emigrou aos Estados Unidos en 1984 cando era unha adolescente.[2] Á parte do seu persa nativo, fala con fluidez en inglés e francés, e adquiriu un coñecemento de ruso para a súa experiencia no voo espacial.[3]

Obtivo o grao en ciencias na Universidade George Mason e a súa mestría na Universidade George Washington.[4][5][6]

Despois de graduarse, Anousheh comezou a traballar en WorldCom, onde coñeceu ao seu futuro esposo, Hamid Ansari. Casaron en 1991.[7] Ansari está orgullosa das súas raíces persas.[8][9]

Voo espacial

[editar | editar a fonte]
Ansari cunha planta que creceu no Módulo de Servizo Zvezda da Estación Espacial Internacional.

Ansari expresou que non se considera unha "turista espacial", e prefire o título de "participante espacial".[10]

Ansari é membro da Fundación X PRIZE Vision Circle. Xunto co seu cuñado, Amir Ansari, fixo unha contribución de varios millóns de dólares para a fundación da X PRIZE o 5 de maio de 2004, no 43º aniversario do voo espacial sub-orbital Alan Shepard. O Premio X cambiou o seu nome oficialmente ao Premio Ansari X, en honra da súa doazón.

A compañía de investimento da familia Ansari, tamén chamada PRODEA, anunciou unha asociación con Space Adventures, Ltd. e a Axencia Espacial Federal Rusa (FSA) para crear unha frota de vehículos de voo espacial suborbital (o Space Adventures Explorer) para uso comercial mundial.[11]

Ansari formouse como respaldo de Daisuke Enomoto para un voo da Soiuz á Estación Espacial Internacional, a través de Space Adventures, Ltd.[12] O 21 de agosto de 2006, Enomoto estaba medicamente inhabilitado para voar a misión TMA-9 que se dispuñan a lanzar o mes seguinte. Ao día seguinte, Ansari foi elevada á tripulación principal.[13][14]

Cando se lle preguntou que esperaba conseguir no seu voo espacial, Ansari dixo, "esperamos inspirar a todos, especialmente aos mozos, mulleres, nenas e mozas de todo o mundo, e en países de Oriente Medio que non proporcionan ás mulleres as mesmas oportunidades que aos homes, non renunciar aos seus soños e perseguilos ... Pode parecer imposible para eles ás veces. Pero creo que poden facer realidade os seus soños se o gardan nos seus corazóns, e buscan oportunidades de facer que esas oportunidades sucedan."[15] O día antes da súa partida, foi entrevistada na televisión nacional de Irán para o programa de astronomía Sky Night.[16] Os anfitrións desexáronlle éxito e déronlle as grazas en nome dos iranianos. Ansari, deulles as grazas tamén.[17]

Ansari despegou na nave Soiuz TMA-9 co comandante da misión Mikhail Tyurin (RSA) e o enxeñeiro de voo, Michael López-Alegría (NASA) ás 04:59 (UTC) o luns 18 de setembro de 2006 desde Baikonur, Kazakhstán. Ansari converteuse no cuarto (e a primeira muller) turista espacial. O seu contrato non permitía a divulgación da cantidade pagada, pero os turistas espaciais anteriores pagaran ao redor de $20 millóns de dólares. A nave espacial axustouse coa Estación Espacial Internacional (ISS) o mércores 20 de setembro de 2006 ás 05:21 (UTC).[18][19] Ansari aterrou sen problemas a bordo da Soyuz TMA-8 o 29 de setembro de 2006 ás 01:13 UTC nas estepas de Kazakhstán (90 quilómetros ao norte de Arkalyk) co astronauta Jeffrey Williams e o cosmonauta ruso Pavel Vinogradov.[20] Recibiu rosas vermellas dun funcionario non identificado, e un bico sorpresa do seu marido, Hamid.[21][22] Os equipos de rescate trasladaron a Kustanai para a cerimonia de benvida con helicópteros.[23][24]

Durante a súa estancia de oito días a bordo da Estación Espacial Internacional, Ansari comprometeuse a realizar unha serie de experimentos en nome da Axencia Espacial Europea. Levou a cabo catro experimentos:[25]

  • Investigar os mecanismos detrás da anemia.
  • Como inflúen os cambios nos músculos nas costas .
  • Consecuencias da radiación espacial nos membros da tripulación da ISS e das diferentes especies de microbios na estación espacial.

Tamén se converteu na primeira persoa en publicar un blog desde o espazo.

  1. "Alumni news". George Mason University. 2001. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2006. Consultado o 22 de setembro de 2006. 
  2. "Female space tourist blasts off". CNN. 18 de setembro de 2006. Consultado o 18 de setembro de 2006. 
  3. WARREN E. LEARY, She Dreamed of the Stars; Now She’ll Almost Touch Them, NY Times , 12 setembro, 2006
  4. Emily Yaghmour. "Failure Was Never an Option for Mason Alumna". George Mason University alumni newsletter. Arquivado dende o orixinal o 9 de setembro de 2006. Consultado o 27 de agosto de 2006. 
  5. GINA SUNSERI, First Female Space Tourist Takes Off ABC News, 18 de setembro 2006
  6. Andrew Buncombe (18 de setembro de 2006). "Pride in space as Iran cheers first Muslim's journey to the stars". 
  7. "First female space tourist poised for launch". CNN .com. 15 de setembro de 2006. 
  8. "Anousheh Ansari Proud of Being Iranian Muslim ", 2008-12-10. Fars news agency. excerpt: "I have always advertised my Persian roots and I'm proud to do so. I always start my story by telling everyone that I was born in Iran and show the map of Iran with my place of birth, Mashhad." 26 maio 2009.
  9. "Ovi Magazine", Interview with Anousheh Ansari: Iran's first space explorer by Kourosh Ziabari, 2008-12-18. Visto 26 de maio de 2009, .
  10. "Space for Business Newsletter article de febrero 2007: "I am NOT a tourist"".  febrero 2007
  11. "Space Tourism Pioneers, Space Adventures, and the Ansari X PRIZE Title Sponsors to Provide First Suborbital Spaceflight Tourism Vehicles". PR Newswire. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 27 de agosto de 2006. 
  12. "Iranian Woman Blazes Trail Into Space". Spacedaily.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2006. Consultado o 27 de agosto de 2006. 
  13. "Iranian-born American approved to replace Japanese space tourist". Novosti. Consultado o 22 de agosto de 2006. 
  14. "NASA Expedition 14 Overview". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 30 de abril de 2021. 
  15. "Interview with Anousheh Ansari, the First Female Space Tourist". Consultado o 19 de setembro de 2006. 
  16. "Up, Up, and Away!". [Ligazón morta]
  17. "Full Coverage of Anousheh's journey to space". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. 
  18. ""Lift-off for woman space tourist "". BBC News Online. 18 de setembro de 2006. Consultado o 22 de setembro de 2006. 
  19. ""Space tourist, new crew board ISS"". BBC News Online. 20 de setembro de 2006. Consultado o 22 de setembro de 2006. 
  20. "INTERVIEW: From space, a new view of an Iranian". Yahoo. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2006. Consultado o 18 de setembro de 2006. 
  21. ""Space Station Crew Back on Earth"". NASA. 28 de setembro de 2006. Consultado o 30 de setembro de 2006. 
  22. ""Space tourist in Earth touchdown"". BBC News Online. 29 de setembro de 2006. Consultado o 30 de setembro de 2006. 
  23. ""American female space tourist returns"". The Detroit News. 29 de setembro de 2006. 
  24. ""Space triumph prompts new line in underwear"". icWales, The Western Mail. 29 de setembro de 2006. Consultado o 30 de setembro de 2006. 
  25. "IESA experiments with spaceflight participant Ansari to ISS". Consultado o 22 de setembro de 2006. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]