Saltar ao contido

Anselm Peñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnselm Peñas
Biografía
Actividade
Ocupaciónmalacólogo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1556686
Murchisonella africana, especie descrita en 2013 por Peñas e Rolán

Anselm Peñas, nado en Sitges en 1943, é un malacólogo español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Membro da Associació Catalana de Malacologia, da Sociedad Española de Malacología e da Societá Italiana di Malacologia, colaborou, entre outras institucións, co Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid, co Museo Nacional de Historia Natural de Francia de París, co Natural History Museum of United Kindom de Londres, e co Zoologisches Museum de Berlín.

Segundo o Rexistro Mundial de Especies Mariñas (WoRMS), Anselm Peñas é un dos dous principais autores, xa que describiu máis especies desde o ano 2000 até o 2017.

Describiu 748 novas especies, e 6 novos xéneros (Afroturbonilla, Bouchetmella, Helodiamea, Perheida, Ovalina e Maricarmenia).

Numerosas das moitas descricións de especies fíxoas coa colaboración do seu colega galego Emilio Rolán.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.