Saltar ao contido

Antònia Bardolet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntònia Bardolet

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Antònia Bardolet i Boix Editar o valor en Wikidata
11 de decembro de 1877 Editar o valor en Wikidata
Vic, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de decembro de 1956 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Borredà, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora, esperantista Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNou diccionari de la literatura catalana Editar o valor en Wikidata

Antònia Bardolet i Boix, nada en Vic, Osona o 11 de decembro de 1877, e finada en Borredà, Berguedà o 17 de decembro de 1956,[1] foi unha escritora e feminista catalá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De formación autodidacta, foi unha gran defensora do esperanto. Motivada por unha forte conciencia social, loitou polos dereitos fundamentais das mulleres e pola cultura do país, o que a levou a abandeirar máis dunha manifestación defendendo unha serie de principios patrióticos. O seu fogar foi durante anos punto de faladoiros e encontros intelectuais. Os seus primeiros escritos en verso apareceron en publicacións periódicas como Gaceta Montañes de Vic e en Feminal de Barcelona. Dedicou a maior parte da súa obra a escribir en prosa. Na Biblioteca d'autors vigatans, publicou a recompilación de narracións sobre psicoloxía feminina Siluetes femenines (1918), algunhas das cales apareceron máis tarde en Lectura Popular. En 1918 publicou algunhas traducións do inglés en revistas, a máis notoria das cales é a novela da estadounidense Margaret Ellen Henry Ruffin El defensor del silenci, publicada na Revista de Vich. Ao longo da súa carreira literaria, Bardolet obtivo algúns premios en diversos certames. A súa afección á astronomía fíxoa colaborar nos estudos que o ilustre astrónomo José Pratdesaba desenvolvía no seu observatorio particular de Vic.[1]

  • Tradución: El defensor del silenci (1918). Vic: Revista de Vic.
  • Prosa: Justícia de Déu. Resignació crudel (1921?). Barcelona: Lectura Popular, v. XXI, núm. 352.
  • Narracións: Siluetes Femenines (1918). Vic: Gazeta Montañesa, Biblioteca d’Autors Vigatans, XI.
  1. 1,0 1,1 Macias Roqueta, Aida. Xarxa Vives d'universitat. Generalitat de Catalunya, ed. Diccionario Biográfico de Mujeres. Antonia Bardolet Boix (en catalán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Matheu, Francesc (1921?). '"Lectura popular". Il·lustració Catalana, núm. 21. Barcelona.
  • Pinyol, Ramon (2006). "Les escriptores catalanes vuitcentistes i la traducció". Quaderns Crema, Revista de la traducció, núm. 13, pp. 67-75. Barcelona.
  • Catàleg de la Biblioteca de Catalunya. Fichas electrónicas. Consulta: 22/09/09.