Antón Fernández Escuredo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Empregador | Nós Diario Nós Televisión |
Antón Fernández Escuredo, coñecido como Riobó Prada, nado en Buenos Aires en 1967, é un xornalista e fotógrafo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de emigrantes galegos na Arxentina. Viviu en Cataluña,[1] onde participou de maneira activa no activismo asociativo e radiofónico. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Barcelona. Comezou a súa andaina nas ondas como colaborador no programa Galicia algo máis, Radio Sants-Montjuïch, dirixido por Moncha Prieto, quen, ao mudarse a Galicia, deixou a emisión ao cargo de Xosé M. Sancho e Antón F. Escuredo. Despois dunha pausa, entre 2001 e 2003, Escuredo, xa como director único do programa, relanzou a emisión desde Sants3Ràdio.[2] Escuredo é un dos fundadores da rede de emisións galegas en Cataluña Ergac e desde esta asociación ideou e dirixiu a primeira xeira do boletín A Micro Pechado.
Como xornalista, traballou como subdirector da revista A Peneira e en Edicións Alen-Miño. Tamén foi redactor de Sermos Galiza[3] e colaborador ocasional de Praza.gal[4] ou da catalá VilaWeb.[5] Impulsor da canle Nós Televisión, fai parte da redacción do Nós Diario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Proxecto Neo, 146.- Guido Leboroni, Antón Fernández Escuredo e Marco Pereira, 20 de xaneiro de 2016.
- ↑ "A Micro Pechado, 116" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 2019-04-25.
- ↑ CV do persoeiro en LinkedIn.
- ↑ Perfil[Ligazón morta permanente] en Praza Pública.
- ↑ Perfil en Vilaweb (en catalán).