Antón Gómez Vilasó
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1929 ![]() Ribeira, España ![]() |
Morte | 21 de decembro de 2019 ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Antón Gómez Vilasó, nado en Palmeira (Ribeira) en 1929 e finado na Coruña o 21 de decembro de 2019,[1] foi un sacerdorte e activista cultural galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ordenado sacerdote en 1952. Foi párroco do Castiñeiriño. Foi un dos destacados sacerdotes galeguistas nos anos 60 e 70 xunto con Xosé Chao Rego, Manuel Regal ou Xesús Portas Ferro,[1] e o primeiro que oficiou misas en galego con regularidade dende 1966. Secularizouse e, coa súa muller Rosa Capeáns, fundou a librería Nós na Coruña.