Saltar ao contido

Antón Sánchez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntón Sánchez García

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Alacant, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoANOVA-Irmandade Nacionalista
Bloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Twitter: antonsanchezg Editar o valor en Wikidata

Antón Sánchez García, nado en Alacant en 1974, é un enxeñeiro técnico, sindicalista e político galego de Anova, do cal foi o portavoz nacional dende 2017 ata 2022.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro técnico en xardinería e hortofruticultura pola Escola Politécnica de Lugo, dedicouse á produción hortícola ecolóxica en Bergondo. Membro do Sindicato Labrego Galego, foi coordinador nacional do sector de horta (2006-2008) e forma parte da dirección nacional. É membro da Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos como representante do sector agrícola. Concelleiro en Bergondo dende 2007, foi candidato á alcaldía nas municipais de 2011 polo BNG. Militante e membro da Coordinadora Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista, é responsable da área de Medio Ambiente e sostibilidade. En 2012 foi candidato de Alternativa Galega de Esquerda ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña e foi elixido deputado. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado por En Marea.

No 2017 sucedeu a Xosé Manuel Beiras como portavoz nacional de Anova[1], exercendo como tal ata a súa dimisión en xullo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]