Antergos
Antergos | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor | Alexandre Filgueira e a comunidade Antergos |
Familia de S.O. | Linux |
Lanzamento | 5 de xullo de 2012 |
En galego | Si |
Espazo de usuario | GNOME 3 (entre outros) |
Modelo de desenvolvemento | Código aberto |
Núcleo | Linux |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | GPL e outras |
Última versión estable | 17.7 (actualización continua) 09/07/2017 |
Estado actual | En desenvolvemento |
Precedido por | Arch Linux |
Sitio web | www.antergos.com |
Antergos é unha distribución de Linux baseada en Arch Linux de actualización continua (rolling release) e coa súa orixe galega.[1] Emprega o ambiente de escritorio GNOME 3 por defecto mais pode instalarse con Cinnamon, MATE, KDE Plasma 5 e Xfce.
Liberouse en 2012 como Cinnarch e pasou a chamarse Antergos en edicións de 2013. En 2017 foi das dez distribución máis populares.[2]
O nome da distribución provén da palabra galega "antergos".
Historia e fitos de desenvolvemento
[editar | editar a fonte]
O seu desenvolvemento comezouno Alexandre Filgueira estudando na Universidade da Coruña no 2012. Tiña empregado a ferramenta archiso para editar Arch Linux coas súas configuración habitual. Con Archboot foi creando un instalador gráfico para a súa edición da distribución. Como viu que as súas primeiras edicións de Arch Linux, que tiñan o fork de GNOME Cinammon, non tiñan outra distribución similar, o 5 de xullo de 2015 decidiu publicar e difundir nos medios de Arch Linux a súa edición, que denominou Cinnarch.[1][3][4] Empregábase Cinnamon como alternativa a GNOME 3. A súa variante da distribución e comezou a popularizarse en Distrowatch. En breve uniuse ao desenvolvemento Gustau Castells e comezaron a incluír máis alternativas de ambientes de escritorio. En abril de 2013 mudaron de Cinnamon a GNOME 3.6, pola dificultade de continuar mantendo Cinnamon e avances no desenvolvemento de GNOME 3.
O 12 de maio de 2013 publicaron unha nova versión da súa distribución e como xa non só incluía Cinnamon, renomeárona a Antergos.[5][6][7]
Antergos colabora con Numix, un proxecto para a edición do tema Numix-Frost e iconas Numix-Square, desde a versión 2014.05.26 para cambiar o seu aspecto visual.[8]
Desde marzo de 2015 Antergos conta cunha edición mínima, "Antergos Minimal ISO", que só inclúe os compoñentes esenciais para o instalador.[9]
Características
[editar | editar a fonte]Os paquetes de Antergos xestiónanse con Pacman e cun instalador gráfico e ten a súa interface de instalación propia. Para instalacións, conta cos repositorios de Arch, "Arch User Repository (AUR)" e outros repositorios propios. Instala a versión LTS ("Long Term Support", ou "versión con soporte a longo prazo") do kernel de linux.
O primeiro ambiente de escritorio co que contou foi Cinnamon, unha alternativa a GNOME Shell. Agora inclúe a Cinnamon, GNOME (a predefinida), KDE Plasma 5, MATE, openbox e Xfce. Emprega o navegador Chromium e non conta cunha suite ofimática por defecto.[10]
Antergos está traducido completamente a 15 linguas e cun bo soporte para máis de 30. Estase traducindo a un total de 72 linguas. Entre elas atópanse linguas como o asturiano, catalán, galego, portugués, e incluso o esperanto.[11]
Lanzamentos
[editar | editar a fonte]A primeira imaxe ISO de Cinnarch publicouse xullo de 2012 en SourceForge.[12] Antergos é unha distribución de actualización continua, ou "rolling release". A última edición principal foi a 17.4. Pódense destacar como principais edicións as seguintes:
Versión | Data de lanzamento | |
---|---|---|
17.4 | 09/07/2017 | |
17.1 | 04/01/2017 | |
2016.11.20 | 20/11/2016 | |
2015.12.29 | 29/12/2015 | |
2015.04.12 | 12/04/2015 | |
2014.08.07 | 07/08/2014 | |
2014.05.27 | 26/05/2014 | |
2013.11.17 | 17/11/2013 | |
2013.08.22 | 20/08/2013 | |
2013.05.13 | 12/05/2013 | |
2013.04.05 | 05/04/2013 | |
2013.01.23 | 23/01/2013 | |
2012.12.21 | 12/12/2012 | |
2012.11.22 | 22/11/2012 | |
2012.10.01 | 01/10/2012 | |
2012.09.07 | 07/09/2012 | |
2012.07.19 | 19/07/2012 | |
2012.07.07 | 07/07/2012 | |
2012.07.05 | 05/07/2012 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Así es Antergos, la joya de la corona de las distros Linux españolas". Consultado o 6 de maio de 2017.
- ↑ "Antergos". DistroWatch.
- ↑ Noyes, Katherine (26 de novembro de 2012). "With 'Cinnarch,' Arch Linux gets a sprinkle of Cinnamon". PC World. IDG. Consultado o 16 de xullo de 2013.
- ↑ von Eitzen, Chris (23 de novembro de 2012). "Cinnarch: Arch Linux with Mint's Cinnamon desktop". The H - Open. Heinz Heise. Consultado o 6 de maio de 2017.
- ↑ faidoc (11 de abril de 2013). "Cinnarch GNOME 2013.04.11 – Last release under the Cinnarch name". Antergos Linux. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2015. Consultado o 6 de maio de 2017.
- ↑ Noyes, Katherine (23 de maio de 2013). "Another Day, Another Distro: Antergos Linux Is Born". LinuxInsider. ECT News Network, Inc. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2018. Consultado o 6 de maio de 2017.
- ↑ Noyes, Katherine (14 May 2013). "So Long, Cinnamon: Cinnarch Linux is reborn as Antergos". PC World. IDG. Consultado o 16 July 2013.
- ↑ faidoc (26 May 2014). "Antergos 2014.05.26 available". Blogue de Antergos. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 6 de maio de 2017.
- ↑ Falgout, Dustin (7 March 2015). "Antergos Minimal ISO: For Those Who Don’t Need a Full Live Environment and Want a Faster Download.". Antergos blog. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 6 de maio de 2017.
- ↑ Antergos Applications List (defaults) Arquivado 08 de abril de 2016 en Wayback Machine.. Publicado o 22 de decembro de 2015
- ↑ Antergos en Transifex
- ↑ Cinnarch - your favorite distro with Cinnamon desktop
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Wiki de Antergos (en inglés)