Antiga Marcha do Reino de Galicia
Aparencia
A Antiga Marcha do Reino de Galicia é unha marcha procesional recoñecida oficialmente como un distintivo tradicional[1] de Galicia. A súa autoría pérdese na tradición popular. Foi executada correntemente polos gaiteiros das confrarías procesionais ao longo dos séculos. Tamén recibiu a denominación Marcha Solemne do Antigo Reino de Galicia ou Marcha dos Peregrinos, posto que era interpretada habitualmente durante a chegada de xente vida de toda Europa en peregrinación a Compostela.
A Antiga Marcha do Reino é solemne e lenta e con algunhas fases de muiñeira. Interprétase con gaitas en tres tonalidades e percusión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Disposición adicional cuarta da Lei de símbolos de Galicia