Saltar ao contido

Antonia Pérez Padín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonia Pérez Padín
Biografía
NacementoCeuta, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedora, activista, política Editar o valor en Wikidata


Antonia Pérez Padín (Ceuta) foi unha feminista e comunista española activa durante a II República e a Guerra Civil española en Ceuta. Formou parte da sección de Ceuta do Socorro Vermello Internacional e do Partido Comunista de España. A Unión Xeral de Traballadores concedeulle por unanimidade o seu premio "La Latera" a título póstumo en 2017 en recoñecemento á súa loita pola igualdade da muller.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Antonia Perez naceu en Ceuta[1] e creceu nun fogar onde lle inculcaron o valor de loitar contra as inxustizas sociais.[2][3] Filla dunha nai recia e con forte carácter e dun pai profesor e anarquista,[3] axiña tomou conciencia.

De adulta, comprometeuse politicamente[2] e polo seu desexo de axudar as persoas pobres e as oprimidas, afiliouse á sección ceutí do Socorro Vermello Internacional e foi membro do Partido Comunista de España.[2][4] Como activista, apoiou os traballadores portuarios de Ceuta, que estaban en folga protestando polas condicións laborais que tiñan e proporcionoulles alimentos[4][5][6] e organizou reunións na súa casa.[7] Tamén participou noutras campañas en favor das persoas necesitadas da cidade,[6] como as traballadoras dunha fábrica de peixe da cidade[8] e loitou polos dereitos da muller e a igualdade salarial.[9]

Durante a Guerra Civil española, pasou algún tempo en Rabat, onde foi testemuña das atrocidades cometidas por Falanxe Pelegrina, entre elas, o bombardeo de civís.[7]

Casou con Antonio Berrocal[4] e tiveron seis fillos, dos que sobreviviron cinco.[4][2] O seu marido era membro do Partido Comunista de España e foi elixido concelleiro da cidade de Ceuta nas eleccións do 12 de abril de 1931.[2][4][5]

Pérez vivía no barrio de Las Latas de Ceuta.[7] Rexentaba un pequeno restaurante preto da zona de La Puntilla en Ceuta[2][4] e despois tivo unha pequena tenda de alimentación.[2][4] Tamén traballou como matrona.[4] [10]

Activismo no franquismo

[editar | editar a fonte]
Prisión do Partido de Ceuta confirma que Antonia Pérez Padín está en prisión por orde do Delegado do Señor Comandante Militar o 14 de agosto de 1936.

O 14 de agosto de 1936 foi detida e encarcerada coincidindo co golpe de estado de 1936, na prisión de mulleres de Sarcel.[4][7] [7] Nunca volveu ver ao seu marido tras o seu arresto.[7] Nese momento os seus fillos tiñan idades comprendidas entre os dous e dez anos. Algúns foron quedar cos seus familiares, aínda que dous foron a un asilo.[4][7][10]Foi levada a prisión xunto con moitas outras mulleres feministas que apoiaron a Segunda República Española.

Meses despois, Antonio Berrocal, o seu marido, foi asesiñado na súa propia granxa xunto con outras 32 persoas o 21 de xaneiro de 1937, tras ser arrastrado alá por unha turba de falanxistas.[2][4][5][7][11] Foi un dos oito concelleiros do goberno de once membros que serían fusilados polas forzas nacionalistas.[12][10]

Antonia Pérez logo foi trasladada ao acuartelamento García Aldave cara a xullo de 1937.[10]Tras varios meses en prisión, foi finalmente condenada á morte á idade de 39 anos en Ceuta o 17 de novembro de 1937.[2][5] Recibiu dúas condenas de morte, a primeira por pertencer á rama ceutí do Socorro Vermello Internacional e a segunda, por pertencer ao Partido Comunista.[2][4] A súa condena á morte debeuse en parte a que o apoio a estas dúas organizacións considerábase parte dun complot inminente máis amplo das comunidades para crear unha revolución estranxeira, de influencia soviética, en España.

Xunto a ela e polos mesmos motivos, foron condenadas a morte e sen xuízo previo,[10]outras catro mulleres: Andrea Maese Vázquez, Francisca Gutiérrez Hernández, Joaquina Garriga Mosquecho e Ana Sánchez González. Foron cinco as mulleres condenadas á morte en Ceuta polas forzas nacionalistas no período comprendido entre 1936 e 1942.[2]

A pena de morte de Antonia Pérez foi conmutada posteriormente por 12 anos de prisión.[7] Pasaría os oito anos seguintes encarcerada en varias prisións, como o Cárcere de Mulleres do Sarchal de Ceuta, Cádiz, Burgos e Madrid.[2][4][5][6][7][8][13][1] En novembro de 1945, un xuíz anunciou a súa liberación do cárcere de Madrid, pero nunca foi indultada polo Estado español.[14][15][3][11]

Durante a súa estancia no cárcere de mulleres do Sarchal, foi testemuña de como un coñecido falanxista local pedía favores sexuais a outra presa, Antonia Céspedes Galego. O 21 de xaneiro de 1937o falanxista apareceu e levou a Céspedes pola forza, dicindo ás demais presas: "Sodes unhas vermellas e algún día virei a por algunhas de vós". Mentres sacaba a Céspedes da cela esta berraba pedindo axuda a Pérez, máis o falanxista apuñalouna por detrás e pouco despois, Pérez ouviu un disparo no exterior. [2][4][10][16]Ela é unha das poucas mulleres que verificou historias de violencia sexual neste cárcere a través da súa historia oral.[2]

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Os seus fillos sobreviviron á Guerra Civil, e un deles, o historiador Manuel Berrocal, non a coñeceu ata os 10 anos, debido ao tempo que ela estivo na cadea.[5][7] A súa neta, Gloria Berrocal, escribiu varios libros sobre as vivencias da súa avoa durante a Guerra Civil.[4]

Anos despois, cando Antonia Pérz falou coa sua familia, do tempo que estivo presa, cualificou as cárceres de hoteis, ocultando as atrocidades vividas e[4] máis tarde compartiu estas experiencias coa súa neta.[2] Ela fixo que a súa estadía no cárcere parecese a dunha viaxeira do mundo, para non contar as penalidades vividas.[2] [4]

Nos seus últimos anos, Pérez sempre vestía de negro.[4] A miúdo tiña as pernas inchadas e con varices.[4] Na súa vida despois do cárcere, escoitaba a Radio Nacional Española coa súa familia, e suspiraba con frecuencia ao escoitar a noticia. [4] [10] Nese tempo, cando vía a televisión e escoitaba aos comentaristas dicir que en España non había presos políticos, tiraba un zapato á televisión.[4][10]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

A Unión Xeral de Traballadores concedeulle por unanimidade o premio "La Latera" a título póstumo en 2017, recollendo no seu nome o seu fillo Manuel Berrocal. [5] [6] [11] [17] [12]A decisión de concederlle o premio baseouse no compromiso de non esquecer a memoria histórica á súa loita pola igualdade da muller.[17] O propio premio outórgase cada dous anos expresamente para lembrar ás mulleres que loitaron pola xustiza social, os dereitos das mulleres e a igualdade en España, para que non caian no esquecemento. [18] [19]

  1. 1,0 1,1 "Antonia Pérez Padín" (en castelán). Consultado o 2024-03-06. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 Moya Alcañiz, Fransisca (2015). Republicanas condenadas a muerte: Analogías y diferencias territoriales y de género (1936-1945) (PDF) (Tesis Doctoral) (en castelán). Spain: UNED. Consultado o 2024-03-06. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Garcia, Juan (10 March 2017). "Antonia Pérez Padín: Memoria de una luchadora contra el franquismo" (en castelán). Consultado o 2024-03-06. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 4,17 4,18 4,19 4,20 Sánchez Montoya, Francisco. "Antonia Pérez Padín" (en castelán). Confederación General del Trabajo de Andalucía. Consultado o 16 February 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 J.M.F.M (16 March 2017). "Manuel Berrocal, Premio "La Latera": "creo que me faltan años para agradecer este homenaje a mi madre"" (en castelán). Ceuta. Consultado o 16 February 2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 CAD (8 March 2017). "UGT concede el II Premio "la Latera" a Antonia Pérez Padín, defensora de los más necesitados" (en inglés). Consultado o 16 February 2019. 
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 Sakona, Javier (15 March 2017). "Premio 'La Latera' a Antonia Pérez: "Reconforta que tantos años después se acuerden de mi madre"" (en inglés). Ceuta. Consultado o 16 February 2019. 
  8. 8,0 8,1 "UGT busca recuperar la memoria histórica con el premio Antonia Céspedes ‘La Latera’" (en castelán). 2017-03-13. Consultado o 2024-03-06. 
  9. Martín, Cesar (15 March 2017). "Antonia Pérez Padín ha sido la galardonada con el segundo Premio Antonia Céspedes 'La latera'" (en castelán). Consultado o 16 February 2019. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 10,7 comentó, Juan Garcia (2017-03-10). "Antonia Pérez Padín: Memoria de una luchadora contra el franquismo" (en castelán). Consultado o 2024-03-06. 
  11. 11,0 11,1 11,2 R.S.V (2017-03-11). "UGT otorga el premio “La Latera” a una ceutí víctima del franquismo" (en castelán). Consultado o 2024-03-07. 
  12. 12,0 12,1 Sakona, Javier (15 March 2017). "Las lágrimas del historiador" (en inglés). Consultado o 16 February 2019. 
  13. Día, Ceuta al (2017-03-13). "UGT reivindica la Memoria Histórica otorgando el Premio ‘La Latera’ a su coetánea Antonia Pérez" (en castelán). Consultado o 2024-03-06. 
  14. B. O. del E.—Núm. 320 (PDF) (en castelán). BOE. 1945. p. 3007. 
  15. B.O. del E.—Número, 276 (PDF) (en castelán). Madrid: BOE. p. 854. 
  16. "elpueblodeceuta.com". Consultado o 2024-03-06. 
  17. 17,0 17,1 G.F (14 March 2017). "Cristina Antoñanzas entrega mañana el premio "La Latera"" (en castelán). Consultado o 16 February 2019. 
  18. Sakona, Javier (15 March 2017). "Premio 'La Latera' a Antonia Pérez: "Reconforta que tantos años después se acuerden de mi madre"" (en inglés). Ceuta. Consultado o 16 February 2019. 
  19. "UGT reivindica la Memoria Histórica otorgando el Premio 'La Latera' a su coetánea Antonia Pérez" (en inglés). 31 March 2017. Consultado o 16 February 2019.