Antonio Álvarez Dopazo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 valor descoñecido |
Morte | 23 de decembro de 1963 (79/80 anos) |
Alcalde de Ourense | |
1931 – 1934 ← Luis Fábrega Coello – Santos Fernández Fueyo → | |
Actividade | |
Ocupación | político, industrial |
Antonio Álvarez Dopazo, nado en 1883 e finado en Ourense o 23 de decembro de 1963, foi un industrial e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu en Cuba. Tiña unha pequena fábrica de chocolates preto do Posío. Foi elixido alcalde republicano de Ourense o 24 de abril de 1931 e permaneceu no cargo ata 1934, cando, trala folga xeral revolucionaria de 1934, foi substituído por Santos Fernández Fueyo, republicano radical, co apoio da dereita. Finou en Ourense o 23 de decembro de 1963 con 80 anos.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Josefa Rodríguez Cordero e foi pai de Clementina, Camilo, Luz, Enrique, Antonio e Josefa Álvarez Rodríguez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 27-12-1963, p. 15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Luís Fábrega Coello |
alcalde de Ourense 1931 - 1934 |
Sucesor: Santos Fernández Fueyo |