Antonio Añoveros Ataún
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1909 Pamplona, España |
Morte | 24 de outubro de 1987 (78 anos) Bilbao, España |
Bispo de Bilbao | |
3 de decembro de 1971 – 25 de setembro de 1978 ← Pablo Gúrpide Beope (pt) – Luis María de Larrea y Legarreta → Diocese: diocese de Bilbao | |
Bishop of Cadiz y Ceuta (en) | |
2 de abril de 1964 – 3 de decembro de 1971 ← Tomás Gutiérrez Díez (en) – Antonio Dorado Soto (pt) → Diocese: Diocese de Cádis e Ceuta (pt) | |
Bispo titular | |
25 de agosto de 1952 – 2 de abril de 1964 ← Teodor Bensch (en) – James Louis Flaherty (pt) → Diocese: Diocese of Tabuda (en) | |
Bispo auxiliar | |
25 de agosto de 1952 – 2 de abril de 1964 Diocese: diocese de Málaga | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1952–), sacerdote católico (1933–) |
Consagración | Ángel Herrera Oria |
Antonio Añoveros Ataún, nado en Pamplona o 13 de xuño de 1909 e finado o 24 de outubro de 1987, foi un eclesiástico católico latino navarro, bispo de Bilbao entre 1971 e 1978.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Pamplona o 13 de xuño de 1909, terceiro fillo de Julio e Claudia.[1][2][3][4][5] Estudou no colexio dos maristas da súa cidade natal, posteriormente Dereito civil na Universidade de Zaragoza, e finalmente entrou no seminario de Pamplona.[2][5] Foi ordenado sacerdote o 25 de xullo de 1933.[1][4] Comezou a exercer o seu ministerio na parroquia de San Nicolao, e posteriormente foi párroco en Tafalla.[5] Durante a guerra civil española foi capelán militar.[5]
En 1952 trasladouse a Málaga, onde foi nomeado reitor do seminario e vigairo xeral.[5] O 25 de agosto de 1952 foi nomeado bispo auxiliar de Málaga e bispo titular de Tabuda.[1][2][4] Recibiu a ordenación episcopal de mans do bispo de Málaga Ángel Herrera Oria o 12 de outubro.[4]
O 27 de outubro de 1954 foi nomeado bispo coadxutor de Cádiz e Ceuta,[2][6] e o 2 de abril de 1964 sucedeu a Tomás Gutiérrez Díez á fronte de dita diocese.[3][4] Como bispo de Cádiz publicou en 1967 unha pastoral sobre os problemas do campo andaluz, que tivo moito impacto;[3][5] tamén foi quen aprobou a Irmandade Sacramental da Misericordia de San Fernando.[7]
O 3 de decembro de 1971 foi nomeado bispo de Bilbao.[2][4] No seu exercicio como bispo, o 24 de febreiro de 1974 proclamou a homilía El cristianismo, mensaje de salvación para los pueblos, que foi lida na maioría das igrexas da diocese, e que dicía:[2][8]
O pobo vasco ten unhas características propias de tipo cultural e espiritual [...] Eses trazos peculiares dan ao pobo vasco unha personalidade específica, dentro do conxunto de pobos que constitúen o estado español actual.
O pobo vasco [...] ten o dereito de conservar a súa propia identidade [...] dentro dunha organización socio-política que recoñeza a súa xusta liberdade.
Porén, nas actuais circunstancias, o pobo vasco tropeza con serios obstáculos para poder desfrutar deste dereito [...]
O réxime franquista reaccionou ordenando o seu arresto domiciliario, e posteriormente Carlos Arias Navarro ordenou a súa expulsión do país.[2][5] Porén, o episcopado acordou aplicar a excomuñón a aqueles que procedesen contra a "autoridade eclesiástica", chegando o cardeal Tarancón a redactar o documento.[5][9] A pesar de que varios sectores do goberno querían seguir adiante, finalmente Franco decidiu evitar o conflito coa Igrexa, e Añoveros non foi expulsado.[2][9][3]
Renunciou por problemas de saúde o 25 de setembro de 1978 (sufría de Parkinson e de arteriosclerose) e se retirou a unha residencia.[2][5] Finou o 24 de outubro de 1987 en Bilbao, na clínica Virgen Blanca, onde estaba ingresado por problemas respiratorios graves.[2][3][5] Está enterrado na catedral de Santiago de Bilbao.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 López Sáinz, Celia (1975). Primer quién es quién en Vizcaya: diccionario de vizcaínos, naturales o adoptivos, de destacada proyección pública en las distintas actividades y profesiones (en castelán). La Gran Enciclopedia Vasca. p. 33. ISBN 9788424801762.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 "Fallece Añoveros, el obispo que provocó la mayor crisis entre la Iglesia y el franquismo" [Falece Añoveros, o bispo que provocou a maior crise entre a Igrexa e o franquismo]. ElPaís.com (en castelán). 27 de outubro de 1987. Consultado o 10/11/2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Rodríguez de Coro, Francisco. "Antonio Añoveros Ataun". Diccionario Biográfico electrónico (en castelán). Real Academia da Historia. Consultado o 10/11/2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Annuario Pontificio per l'annno 1984 (en italiano). p. 75.
S.E.R. Mons. ANTONIO Añoveros Ataún, n. in Pamplona, 13 giu. 1909; ord. 25 lu. 1933; el. alla Ch. tit. di Tabuda 25 ag. 1952; cons. 12 ott. 1952; succ. per coad. a Cádiz y Ceuta 2 apr. 1964; tr. 3 dic. 1971
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 Gorritxategi, Eusebio (13 de xuño de 2009). "El centenario del obispo incómodo" [O centenerio do bispo incómodo]. El Diario Vasco (en castelán). Consultado o 10/11/2020.
- ↑ "COMUNICADO haciendo público los nombramientos [...] del excelentísimo y reverendísimo señor don Antonio Añoveros Ataún para Coadjutor, con derecho de sucesión del excelentísimo señor Obispo de Cádiz-Ceuta [...]" (PDF). BOE (307). 3 de novembro de 1954. ISSN 0212-033X. Consultado o 10/11/2020.
- ↑ "Paso de Misterio". Hermandad Sacramental de la Misericordia (hermandadmisericordiasanfernando.es) (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22/10/2020. Consultado o 10/11/2020.
En la parte trasera el escudo de armas del Excmo. Sr. Obispo de la Diócesis de Cádiz–Ceuta don Antonio Añoveros Ataún, prelado que aprobó la Hermandad
- ↑ Añoveros, Antonio. "El Cristianismo mensaje de salvación para los pueblos" [O cristianismo, mensaxe de salvación para os pobos] (PDF). Euskal Memoria Digitala (euskalmemoriadigitala.eus) (en castelán). Fundación Sancho el Sabio. Consultado o 10/11/2020.
El pueblo vasco tiene unas características propias de tipo cultural y espiritual [...] Esos rasgos peculiares dan al pueblo vasco una personalidad específica, dentro del conjunto de pueblos que constituyen el estado español actual [...] El pueblo vasco [...] tienen el derecho de conservar su propia identidad [...] dentro de una organización socio-política que reconozca su justa libertad [...]Sin embargo, en las actuales circunstancias, el pueblo vasco tropieza con serios obstáculos para poder disfrutar de este derecho [...]
- ↑ 9,0 9,1 Callahan, William J. (2007). "The Spanish Church: Change and Continuity". En Townson, N. Spain Transformed: The Franco Dictatorship, 1959-1975 (en inglés). Springer. p. 188. ISBN 9780230592643.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mondéjar Cumpián, Francisco (1998). Obispos de la Iglesia de Málaga [Bispos da Igrexa de Málaga]. Publicaciones Obra Social y Cultural CajaSur. ISBN 9788479592103.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Tomás Gutiérrez Díez |
Bispo de Cádiz e Ceuta 1964 - 1971 |
Sucesor: Antonio Dorado Soto |
Predecesor: Pablo Gúrpide Beope |
Bispo de Bilbao 1971 - 1978 |
Sucesor: Luis María de Larrea |