Antonio Alonso Puente
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xuño de 1909 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1980 (70/71 anos) México |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Familia | |
Pai | José Alonso Vieites |
Irmáns | Libertad Alonso Puente José Alonso Puente |
Alonso Antonio Alonso Puente, nado en Santiago de Compostela o 23 de xuño de 1909 e finado en México en 1980 foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1936 era médico de Ordes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia na zona. Pasou a Portugal, evitou á Policía portuguesa (PIDE) e logo de pasar por Cuba e Guatemala, chegou a México en 1946, onde residiu ata o seu falecemento. En México casou con Estrela Concheiro García, cuñada de Francisco Comesaña Rendo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Simón Lorda, David (2010). "Os nomes do exilio (médico, republicano, galego)" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 17: 264–270. Consultado o 26 de xaneiro de 2015.