Antonio Arias Teixeiro (1772)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antonio Arias Teixeiro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1772 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | século XIX ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, escritor ![]() |
![]() |
Antonio Arias Teixeiro, nado en Pontevedra en 1772[1] e finado en data descoñecida, foi un escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1809 era rexedor de Pontevedra e en 1813 deputado pola provincia de Tui na Xunta do Reino de Galicia[2]. En 1823 estaba preso como absolutista no castelo de Santo Antón na Coruña.
É autor de dous sonetos en galego, publicados por Xosé María Álvarez Blázquez[3], quen entende que deberon ser escritos en Pontevedra entre os anos 1810 e 1812. Son un desafogo contra dous ignorantes que quixeron criticar publicamente os seus versos. Despois do último terceto teñen un hendecasílabo de máis como estrambote e algunha outra licenza[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ledo Cabido, Bieito (editor) (2002). Enciclopedia Galega Universal, 1. Editorial Ir Indo. ISBN 84-7680-290-0.
- ↑ Fernández del Riego, Francisco (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 30. ISBN 84-7492-465-0.
- ↑ Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 61. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 41-42. ISBN 84-7154-227-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Arias Teixeiro, Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 71.