Antonio Belló
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1946 (77/78 anos) Orihuela, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,68 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Antonio Benlloch García, coñecido como Belló ou Bellod, nado en Orihuela o 1 de decembro de 1945, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa e desenvolveu case toda a súa carreira no Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou xogando ao fútbol no equipo xuvenil do Orihuela, na súa vila natal, e formou parte da selección murciana xuvenil.[1] Aínda que o seu apelido era Benlloch, utliizaba Belló por ser máis sinxelo de pronunciar.[2]
Xogou co primeiro equipo do Orihuela na Terceira División, pasando na tempada 1965/66 ao Hércules, da Segunda División. Debutou na categoría de prata na derradeira xornada desa tempada, contra o Levante, co equipo xa matematicamente ascendido a Primeira. Estreouse na máxima categoría nun encontro fronte ao FC Barcelona no Nou Camp,[3] e disputou un total de 16 encontros en Primeira. Tivo ata cinco adestradores esa tempada e a seguinte, entre eles Toba e Ramallets, descendendo o equipo dúas veces seguidas, ata a Terceira División.
En 1968 fichou polo Deportivo da Coruña, que xogaba en Primeira. Afianzouse rapidamente na defensa, xunto con Luis, Domínguez e máis tarde Cholo, militando ata nove tempadas no club, e foi nomeado capitán trala marcha de Manolete ao Valencia.[4] Viviu dous ascensos e tres descensos, un deles á Terceira División, disputando 243 partidos oficiais. Na súa última tempada no Deportivo, a 1976/77, sufriu unha lesión no xeonllo, sendo operado do menisco, e xa non volveu xogar ao fútbol.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bellod quiere jugar contra el Barcelona". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de novembro de 1968. p. 30.
- ↑ "El Deportivo, entre los mejores". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de outubro de 1975. p. 32.
- ↑ "El Barcelona solo fue superior en el marcador (4-1)". El Pueblo Gallego (en castelán). 29 de novembro de 1966. p. 14. Consultado o 15 de decembro de 2021.
- ↑ "Maestro Arsenio" (en castelán). 4 de marzo de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2021.
- ↑ "Ayer fue operado Belló". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xaneiro de 1977. p. 35.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).