Antonio Bermúdez Leivas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1880 Riotorto, España |
Morte | década de 1940 (59/69 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Riotorto | |
24 de xuño de 1936 – 25 de xullo de 1936 (destitución) – Gervasio Lamas Lourido → | |
Alcalde de Riotorto | |
1930 – 1931 | |
Alcalde de Riotorto | |
1917 – 1918 | |
Actividade | |
Ocupación | mariño, político |
Partido político | Izquierda Republicana |
Familia | |
Irmáns | José María Bermúdez Leibas |
Antonio Bermúdez Leivas, nado en Riotorto cara a 1880, foi un mariño e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do que foi alcalde de Riotorto, José María Bermúdez. Piloto da mariña civil. Foi alcalde de Riotorto en 1917. Disparoulle a Vicente Fernández Díaz por cuestións políticas o 15 de setembro de 1918, foi acusado de homicidio frustrado e xulgado na Audiencia de Lugo en xullo de 1922.[1] Foi elixido alcalde de Riotorto en marzo de 1930.[2] Na Segunda República foi elixido concelleiro en 1931. Foi elixido alcalde de Riotorto o 19 de xuño de 1931.[3] Militou en Izquierda Republicana e volveu ser alcalde o 24 de xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado como alcalde o 25 de xullo,[4] e foi detido o 20 de agosto. Xulgado o 7 de maio de 1937 en consello de guerra na causa 321/37 co seu irmán Eugenio e Ramón Iglesias Valiña, foi condenado a cadea perpetua por rebelión. Estivo preso na prisión provincial de Lugo. Saíu en liberdade provisional por orde do Ministerio de Xustiza do 31 de maio de 1941.[5] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas,[6] e foi sancionado.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Concepción Canto Lourido e foi pai de Elvira, Esther, Concepción e Antonio Bermúdez Canto.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: ? |
Alcalde de Riotorto 1917 - 1918 |
Sucesor: ? |
Predecesor: Eugenio Alonso Ricoa |
Alcalde de Riotorto 1930 - 1931 |
Sucesor: ? |
Predecesor: ? |
Alcalde de Riotorto 1936 |
Sucesor: Gervasio Lamas Lourido |