Antonio Bonet de Luna
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, cine ![]() |
José Antonio Bonet de Luna, nado en Madrid en 1970, é un cineasta e escritor español.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Empresariais e Filoloxía Inglesa, estudou Dirección na Escola de Cine de Madrid e Creación Literaria na Escola de Escritores madrileña, onde obtivo bolsa ao mellor alumno da oitava promoción do Máster de Narrativa 2016-18. Seguiu cursos de cine en UCLA e de escritura creativa con Alejandro Gándara, Eloy Tizón e Marta Sanz. Coa súa produtora Master Cluster produciu curtametraxes de ficción, vídeos corporativos e cursos audiovisuais.[2] [3] [4]
En 2024 gañou o Premio Torrente Ballester coa novela en castelán La soledad de los reptiles. Para o xurado: «unha obra orixinal e arriscada, que perdura na memoria do lector, cunha reflexión que afonda no sentimento de perda e o lugar que ocupamos na sociedade... unha novela ben estruturada e equilibrada, na que o autor mostra gran capacidade para manter a tensión narrativa de comezo a fin con bo ritmo e personaxes ben traballados».[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- 2001: Clases de ruso, con Luis Tosar.[5] Dirección e guión.
- 2005: Las viandas, con José María Pou. Dirección e guión.[6]
Longametraxe
[editar | editar a fonte]- El marco de la cara, documental en coprodución entre España e a República Dominicana, en fase de posprodución.
Novela
[editar | editar a fonte]- El tarro de las esencias (inédita)[7]
Premios
[editar | editar a fonte]- 2024: Premio Torrente Ballester por La soledad de los reptiles.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "José Antonio Bonet". Máster de Narrativa (en castelán). Consultado o 2024-11-30.
- ↑ 2,0 2,1 "Loli Rodríguez e Antonio Bonet gañan o Torrente Ballester 2024". La Voz de Galicia. 2024-11-28. Consultado o 2024-11-30.
- ↑ "La obra en gallego Nailía gana la XXXVI edición de los premios Torrent Ballester de narrativa". El Español (en castelán). 2024-11-28. Consultado o 2024-11-30.
- ↑ "'Nailía' e 'La soledad de los reptiles' triunfan no Premio Torrente Ballester 2024". ACoruñaXa. Consultado o 2024-11-30.
- ↑ "Clases de ruso". Cortos de metraje (en castelán). Consultado o 2024-11-30.
- ↑ "Las viandas (C) (2005)" (en castelán). Consultado o 2024-11-30.
- ↑ "Yo me llamo Zampanó" (en castelán). 2019-01-09. Consultado o 2024-11-30.
- ↑ RAC (2024-11-28). "Loli Rodríguez y Antonio Bonet ganan el premio Torrente Ballester". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2024-11-30.