Antonio Colmenero Villamarín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1911 ![]() Pexeiros, España ![]() |
Morte | 27 de xullo de 1937 ![]() Ourense, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político ![]() |
![]() |
Antonio Colmenero Villamarín, nado en Pexeiros (Os Blancos) cara a 1911 e finado en Ourense o 27 de xullo de 1937, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi detido en abril de 1934 con Aurelio Blanco González.[1] Membro do Sindicato de Oficios Varios de Campobecerros da CNT, foi ferido polo capataz das obras do ferrocarril en decembro de 1935.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en consello de guerra o 21 de maio de 1937 na causa 1.094/36, con catro republicanos máis.[3] Condenado a pena de morte foi fusilado o 27 de xullo de 1937 no Campo de Aragón xunto con Manuel Suárez Castro, Eduardo París Villar, Ramón Figueiras Añel, José González González, Camilo Gago González, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-157-8.